Novas

No portal de Mancomún difundíronse varios eventos como os webinars sobre Thunderbird e OBS que teñen lugar na XVII Semana del Software Libre, dous novos programas de Mancomún Podcast (WordPress e fala.gal con Anxo Sánchez e a entrevista a Ana Jiménez, OSPO Program Manager en Linux Foundation), así como a publicación doutro artigo tic sobre aplicacións libres para Android: AntennaPod, leva os teus podcast no peto. E tamén publicamos un Faladoiro con María Arias de Reyna. Algunhas novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi que se creou a Rocky Enterprise Software Foundation para promocionar Rocky Linux, que Bitwarden recibiu unha importante inversión económica e a Librecon 2022 que tivo lugar en Bilbao.

Proxecto destacado

Metabase Open Source Edition, exploración de datos para todo o equipo. Metabase configúrase en cinco minutos, conectándose á súa base de datos e dándolle valor aos seus datos en fermosas visualizacións, sen necesidade de SQL. Facilita o entendemento dos datos a todo o mundo, non só aos analistas e desenvolvedores. Axude ao seu equipo para responder ás súas propias preguntas sobre os datos en só 5 minutos. Metabase proporciona unha imaxe oficial de Docker a través de Dockerhub. Conta cunha licenza GNU Affero General Public License (AGPL) e ten publicado o seu código en GitHub.

Pin It on Pinterest

Share This