Novas

No portal de Mancomún difundíronse varios eventos como son o obradoiro de Escornabot para familias organizado pola Industriosa, o hackathón de fabricación dixital de deseño e produción de circuítos electrónicos tamén da Industriosa, a xornada software e cultura libre 2022 en Mugardos da Asociación Comunidade O Zulo, a charla de introdución á Shell de GPUL School e a presentación sobre Nextcloud Enterprise Hub para empresa no GaiásTech. Algunha novidade relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foi que a Linux Foundation Europe foi lanzada para fomentar o software libre en Europa, e que Kdenlive lanzou unha campaña de recaudación de fondos para seguir mellorando o seu código e implementar novas características.

Proxecto destacado

uMap permíteche crear mapas con capas de OpenStreetMap nun minuto de forma sinxela, e poder poñelos na túa páxina web, todo isto con software libre. Con uMap poderás escoller as capas do teu mapa, engadir PDI (marcaxes, liñas, polígonos...), xestionar as cores e as iconas dos PDI, xestionar as opcións do mapa, importar lotes de datos xeoestructurados (geojson, gpx, kml, osm...), escoller a licenza dos teus datos ou inserir en páxinas e compartir o teu mapa, sen coñecementos avanzados.

Pin It on Pinterest

Share This