Número 63 – Boletín Software Libre na Empresa – Agosto 2022

Mércores, 24 Agosto 2022

Novas

Durante o último mes publicáronse dúas pílulas en formato vídeo sobre aplicacións libres para Android, unha sobre o conxunto de aplicacións para teléfonos Simple Mobile Tools e outra sobre o correo electrónico Proton Mail. Tamén viu a luz unha nova entrega dos Faladoiros Mancomún, nesta ocasión con Ana Jiménez e que está tamén dispoñible en formato podcast no episodio número 87 de Mancomún Podcast.

No portal de Mancomún tamén se difundiron algúns eventos que terán lugar proximamente, como son os obradoiros de Modelado e Impresión 3D e o obradoiro de Microbit, ambos organizados pola asociación Amigus Labs ou o FOSS4G 2022 en Florencia.

Algunhas outras novidades relacionadas co software libre do último mes foron a liberación das distribucións Rocky Linux 9.0 e de Linux Mint 21, así mesmo, tamén se deu a coñecer a versión beta de DALL-E 2, a intelixencia artificial para a creación de imaxes ou a creación do grupo de traballo sobre o patrimonio dixital europeo para arrexuntar esforzos entorno a el.

Proxecto destacado

logo de XGBoost
XGBoost, biblioteca libre, distribuída e optimizada, deseñada para ser altamente eficiente, flexible e portable. Implementa algoritmos de aprendizaxe automática baixo o marco do Gradient Boosting (técnica de aprendizaxe máquina utilizada en tarefas de regresión e clasificación, que proporciona un modelo de predición). Conta cunha licenza Apache versión 2.

XGBoost resolve moitos problemas no campo da ciencia de datos de forma rápida e precisa. O mesmo código pódese executar nas principais contornas distribuídas (Hadoop, SGE, MPI) e pode resolver problemas con miles de millóns de exemplos.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal