Número 62 – Boletín Software Libre na Empresa – Xullo 2022

Mércores, 20 Xullo 2022

Novas

Durante o último mes publicáronse dous novos episodios de Mancomún Podcast, o número 85 sobre o congreso esLibre celebrado en Vigo e o número 86 con Samuel Iglesias sobre bibliotecas gráficas libres e outros temas relacionados.

Algunhas outras novidades relativas ao software libre foron a liberación da solución de comunicación Mattermost 7.0 e tamén unha nova versión do cliente de correo electrónico Thunderbird 102, así mesmo tamén se publicou a noticia do primeiro portátil profesional con procesador RISC-V.

Tamén se deu difusión no último mes a algúns eventos que terán lugar proximamente como son a Akademy 2022 con formato híbrido, en liña e en Barcelona, e o Campamento de Ciencia e Tecnoloxía Amigus Kids Labs

Proxecto destacado

Logo de Kopano

Kopano é unha solución de software libre, que proporciona soberanía dixital para levar un control dos correos electrónicos e calendarios, para organizar as tarefas ou para estar en contacto cos compañeiros de equipo a través de videoconferencias.

Con Kopano poden despregarse servizos de correo electrónico, chat de equipos, reunión por videoconferencias, calendario, axenda de contactos, notas, tarefas e mesmo edición simultánea e compartir documentos tanto en infraestrutura propia coma usando un servizo de terceiros, como por exemplo o da propia Kopano. A solución de Kopano está licenciada baixo AGPLv3 conta con aplicacións cliente para múltiples plataformas e ademais integra diversas ferramentas libres como NextCloud, LibreOffice Online… Pódese obter ou pedir unha proba dos produtos de Kopano a través desta ligazón.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal