Novas

Durante o mes de xuño publicáronse dous novos números de Mancomún Podcast, 83 e 84: Faladoiros Mancomún 2022, con Laura Castro e un segundo especial sobre Hardware libre. Outros dos contidos propios do portal foi a pílula sobre o repositorio de aplicacións libres para Android, F-droid.

En Mancomún tamén se fixo eco de diversos eventos que terán lugar proximamente, como son o congreso esLibre en Vigo, unha charla arredor da solución libre de atención ao usuario GLPI e outra sobre o ERP Odoo.

Algunha novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes son que Canonical busca desenvolvedores para mellorar o seu soporte para videoxogos e que xa existe unha boa alternativa a CentOS para os servidores con AlmaLinux 9.

Por último, este mes trouxo a boa nova: Agasol e o Concello de Ames lanzan unha Oficina de Software Libre e un Banco de Reciclaxe Electrónica.


Proxecto destacado

Logo de Scikit-learn Scikit-learn é un conxunto de ferramentas de software libre sinxelas e eficaces para a análise predictiva de datos. Accesible a todo o mundo, e reutilizable en varios contextos, construído sobre NumPy, SciPy e matplotlib. Scikit-learn conta cunha licenza BSD.

Características e usos principais: identificación da categoría á que pertence un obxecto, detección de spam, recoñecemento de imaxes, predición dun atributo de valor continuo asociado a un obxecto, agrupación automática de obxectos similares en conxunto, transformación de datos de entrada, como o texto, para o seu uso con algoritmos de aprendizaxe automática, segmentación de clientes, agrupación de resultados de experimentos, redución do número de variables aleatorias a considerar, procura en cuadrícula, validación cruzada, métricas, entre outras...

Pin It on Pinterest

Share This