Número 60 – Boletín Software Libre na Empresa – Maio 2022

Martes, 31 Maio 2022

Novas

Durante o mes de maio publicáronse dous novos números de Mancomún Podcast, o 81 e o 82. O 81 co creador da segunda parte da novela gráfica creada con software libre e o 82 sobre as campañas e os proxectos da Free Software Foundation Europe. Outra das publicacións propias de Mancomún foi unha
nova edición dos Faladoiros Mancomún
, contando nesta ocasión con Laura Castro.

Algunha novidades relacionadas co mundo do software libre que foron noticia neste último mes foron a Declaración de Estrasburgo apoiando ao software libre e á interoperabilidade, a creación dun centro europeo de bens comúns dixitais ou a nova relacionada co dereito de acceso e reutilización dos equipos dixitais.

Dende o Portal de Mancomún tamén se deu difusión a unha serie de eventos que terán lugar proximamente como a conferencia Europea de WordPress, o WordCamp Europe, que será en Porto. As Xornadas de SIG Libre en Cataluña, ou a apertura da convocatoria do Premio ao Mellor proxecto universitario libre 2022 organizada polo CIXUG en colaboración coa AMTEGA.

Por último, este mes trouxo unha serie de novas versións de algúns sistemas operativos, como as distribucións de GNU/Linux Red Hat Enterprise Linux 9 e Fedora 36, ou o FreeBSD 13.1.

Proxecto destacado

logo de Matomo

Matomo é unha solución de analíticas web que permite mediante uns pasos moi sinxelos configurar un sistema para recoller diversas analíticas sobre as interaccións coa páxina web dunha empresa ou entidade calquera.

É unha alternativa libre a Google Analytics e que ademais permite ter o control dos datos, pois a maiores de utilizar un servizo de terceiros, tamén se pode instalar a solución en infraestrutura propia evitando así que os datos saian da empresa que precise realizar as analíticas.

Trátase dun software desenvolvido fundamentalmente con PHP e licenciado baixo a GPLv3 ou superior e que cumpre coa lexislación de protección de datos como a GDPR e a CCPA. É a solución que está sendo usada en máis de un millón de páxinas web de 190 países distintos.

Algunha das características máis destacadas é a súa flexibilidade, podendo estenderse mediante plugins e incluso tendo a posibilidade de automatizar e integrar accións ou tarefas grazas á súa API usando o protocolo HTTP. Sobre a consulta da información recollida, ademais de poder ver os datos en cru, tamén se permite realizar informes, tanto predefinidos como personalizalos para adaptarse ás necesidades da empresa.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal