Número 52 – Boletín Software Libre na Empresa – Setembro 2021

Luns, 13 Setembro 2021

Novas

Durante o último mes no portal de Mancomún publicáronse 5 episodios de Mancomún Podcast, o número 61 e 62 sobre Intelixencia Artificial con Valentina Alpuin e con David de la Iglesia respectivamente; o 63 sobre Steam Deck e videoxogos libres con Leillo; o número 64 con Pilar Vila sobre a ciberseguridade nas empresas e o número 65 sobre accesibilidade web e Joomla con Pablo Arias.

Tamén se publicaron dous artigos da serie de Artigos TIC sobre ciberseguridade orientada á empresa, un sobre o dobre factor de autenticación e as copias de seguridade e outro sobre os antivirus e as VPN. Ademais publicouse unha reportaxe sobre o Obradoiro de microbit organizado por Amigus Labs e o segundo Faladoiro Mancomún. Cada venres, tamén se publicaron os resumos semanais en formato vídeo (15, 16, 17, 18, 19 e 20).

Dende o anterior boletín mensual no portal de Mancomún anunciáronse novidades sobre distintos proxectos de software libre como poden ser a nova versión do cliente de correo electrónico Thunderbird 91, a nova versión estable da distribución de GNU/Linux Debian 11 Bullseye, a publicación da guía de LibreOffice Draw 7.1, a nova versión da bifurcación de pfSense, OPNsense 21.7, a actualización da biblioteca de cifrado OpenSSL 3, que ademais cambia a licenza ou o novo núcleo de Linux que conta cun parche que permite usar de novo a tecnoloxía Hyper-Threading. Tamén se publicou a apertura do call for papers da Akademy-es 2021 que se celebrará en novembro e por último e non menos importante tamén se deu difusión ao novo caso de éxito da solución deste boletín, que permitirá comunicarse aos sanitarios alemáns con seguridade e privacidade.

Proxecto destacado

logo de Matrix

Matrix é un proxecto libre e de código aberto que especifica o estándar Matrix que proporciona un protocolo de comunicación en tempo real segura, descentralizado e interoperable. Facendo uso de Matrix pódese implementar un sistema de mensaxería instantáneo en infraestrutura propia que ademais se poida conectar co resto do mundo dun xeito seguro e mantendo a seguridade e soberanía sobre os datos.

A especificación deste estándar está mantida pola organización sen ánimo de lucro Matrix.org Foundation e dende xuño de 2019 é considerado como un protocolo estable, consolidado e válido para entornos de producción. Aínda que Matrix é só o nome do protocolo, mediante este nome tamén se frecuenta facer referencia a todo o ecosistema existente arredor desta tecnoloxía como poden ser todas a implementacións que hai, dentro das que se atopan Synapse e Element (anteriormente coñecido como Riot), que son as aplicacións de referencia de servidor e de cliente respectivamente, para os que ademais existen integracións con outros sistemas de comunicación, videoconferencia…

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal