Novas

Durante o último mes no portal de Mancomún publicáronse dous novos capítulos de Mancomún Podcast: “El Concilio de lo Libre” (onde falamos con varias oficinas de software libre universitarias) e Machine learning, Deep learning e IA con David Vaquero” (co que iniciamos unha serie de podcast sobre Intelixencia Artificial). Sacamos 4 novas entregas (11 12 13 e 14) dos resumos semanais en formato vídeo e tamén participamos na presentación dos “Faladoiros de Mancomún” no Centro GaiasTech, desde o que se fixo unha pequena charla e streaming do faladoiro.

Algunhas novidades destacadas do último mes son a nova versión de ProtonVPN con interface gráfica para GNU/Linux, un SoC de CPU/GPU híbrido de software libre baseado en OpenPOWER chamado Libre-SOC, comentamos o Conxunto de datos con casos de uso da Intelixencia Artificial dispoñibles como datos abertos e publicouse a Guía de iniciación de LibreOffice 7.1.

Comezamos unha serie de artigos sobre ciberseguridade orientada ás empresas. No primeiro artigo teredes unha introdución á ciberseguridade, consellos para a xestión dos contrasinais e unha recompilación dos xestores de contrasinais que recomendados de software libre.


Proxecto destacado

logo de Zentyal

Con Zentyal contará con: facilidade para a xestión da túa infraestrutura TIC, poder substituir Active Directory de forma transparente, servidor de correo dedicado, asegura o acceso a internet e unifica a infraestrutura de rede, compartición de ficheiros, cortalumes, encamiñador ou router, VPN, proxy web, IDS e IPS, aportando unha facilidade de uso e centralizado nunha interface común e sinxela de utilizar, ademais contarás con axuda de expertos cando a necesites.

O proxecto Zentyal, orixinalmente eBox Platform, comercializa unha versión comercial a parte da versión libre e gratuíta, sobre a cal ofrece tamén servizos adicionais de soporte, asistencia técnica, mantemento correctivo, ... A solución Zentyal está dispoñible mediante a licenza GPLv2.

Pin It on Pinterest

Share This