Número 48 – Boletín Software Libre na Empresa – Maio 2021

Mércores, 12 Maio 2021

Novas

Neste último mes, no portal de Mancomún publicouse un novo número de Mancomún Podcast, o número 54, no que se contou con Ángel Sánchez e se falou da creación de novelas gráficas con software libre. Tamén se publicou o segundo número do resumo semanal de novas en formato vídeo.

Algunhas outra novidades no mundo do software libre son a celebración do Linux App Summit (LAS) de 2021 que terá lugar do 13 ao 15 de maio, a publicación da nova versión de Proxmox VE 6.4 cun novo núcleo de Linux e o modo de restauración en vivo, a adquisición de Audacity por parte de MUSE Group, que pon en valor o proxecto de software libre, ou unha nova actualización das aplicacións de KDE, que se chaman KDE Gear dende hai pouco.

Proxecto destacado

logo de Nagios Core
Nagios é un software de monitorización que tamén é coñecido como Nagios Core. Esta solución permite realizar a monitorización de calquera equipo, servizo ou infraestrutura de rede.

O proxecto Nagios Core é un software coas funcionalidades básicas da solución de monitorización, estas características poden ampliarse mediante engadidos, que son os que executan e realizan as medicións do parámetros configurados e envían o resultado ao núcleo de Nagios que presenta os datos mediante unha aplicación web e tamén se encarga de enviar as alertas polos medios que teña configurado ou mesmo de xerar informes. Trátase así dunha solución modular que se pode adaptar facilmente a múltiplas situacións e contornas.

Nagios está baixo os termos da licenza GPL versión 2 e desenvolvida principalmente na linguaxe C. A empresa Nagios Enterprises é a encargada do proxecto e ten como modelo de negocio o “Open Core”, mantendo libre o proxecto base (Nagios Core) mentres que tamén implementan outras solucións baseadas no proxecto con características máis avanzadas ou personalizadas que non son libres.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal