Número 34 – Boletín Software Libre na Empresa – Marzo 2020

Martes, 31 Marzo 2020

Novas

Dende o portal de Mancomún destacamos a nova sección de pílulas para o teletraballo, na cal se explican mediante breves vídeos ferramentas para facilitar o teletraballo, durante o presente mes publicáronse dúas pílulas, unha sobre Jitsi e outra sobre Matrix e Riot.im. Tamén destacamos a publicación de dúas novas entregas de Mancomún Podcast, o número 25 con Rafael Gayoso falando sobre OpenData e o 26 falando de diversas solucións libres para axudar no traballo remoto. Relacionado tamén co traballo remoto, o CDTIC tamén difunde algunhas solucións libre como Odoo, mediante unha sesión demostradora sobre a xestión de proxectos da man da empresa de servizos na nube Anubía.

Outra novas a destacar son que Polonia aumenta a presenza de GNU/Linux na súa administración da man un fornecedor de servizos local, a escolla da Comisión Europea de usar Signal para a mensaxería debido ao enfoque deste proxecto na privacidade e seguridade das comunicacións, a preparación dun portal de datos abertos empregando software libre en Lituania e a publicación das organizacións participantes no programa de estipendios Google Summer of Code.

En canto as novidades do software libre, destacamos a nova versión de Red Hat Ceph Storage, software empresarial de almacenamento e a nova NetBSD 9. A FSF anuncia que quere lanzar unha plataforma colaborativa para o aloxamento de código e o lanzamento dun equipo de formato pequeno con GNU/Linux e PureBoot instalados de fábrica.

Proxecto destacado

Logo de Etherpad
Etherpad é unha ferramenta que permite a edición de documentos de texto simple en tempo real e de forma colaborativa, é dicir, permite que múltiples usuarios editen ao mesmo tempo un mesmo documento.

Esta solución permite tomar notas en común durante reunións, redactar informes ou calquera outro tipo de documento de texto por parte de usuarios en distintas localización podendo distinguir quen escribe que cousa mediante un código de cores. Así mesmo tamén ten opcións básicas de formato de texto, chat integrado, importación ou exportación e descarga de documentos en varios formatos.

Trátase dunha aplicación web multiplataforma desenvolvida maioritariamente en JavaScript (Node.js) e licenciada baixo Apache License 2.0, que se usa dende o navegador e se pode instalar en infraestrutura propia ou usar en servizos de terceiros e tamén permite a extensión de funcionalidades mediante plugins.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal