Número 33 – Boletín Software Libre na Empresa – Febreiro 2020

Venres, 28 Febreiro 2020

Novas

Durante este mes de febreiro publicáronse 4 novas entregas do podcast de Mancomún, as número 21 e 22 sobre o evento FOSDEM, o número 23 foi arredor do “I love Free Software Day” e o último número foi con Anxo Sánchez arredor do xestor de contidos libre WordPress.

No portal de Mancomún tamén se publicaron diversas novas sobre evento que terán lugar proximamente, como a sesión demostradora do CDTIC sobre o software libre Odoo para a xestión dunha empresa, a celebración do Día dos datos abertos, que conta con unha xornada na Coruña organizada en conxunto por Melisa e Bricolabs. En Vigo, terá lugar un obradoiro de formación de formadores sobre contornos de programación por bloques organizada entre GALPon e A Industriosa e en Lugo celebrarán outro ano máis o Día de Arduino grazas a Makers Lugo. Fora de Galicia tamén se celebrará a Akademy-es en Málaga, mentres que o encontro esLibre, que xa iniciou o chamamento a enviar relatorios e colaboración, terá lugar en Madrid. Tamén se fixo mención a que os vídeos das charlas da FOSDEM xa están dispoñibles.

Outras novas relacionadas co software libre son a publicación de Nextcloud Hub, unha solución de produtividade na nube para empresas, a primeira versión de Fedora CoreOS ou a nova versión de LibreOffice. Dende Mancomún tamén se destacou algunha migración como a do CERN que cambiou Facebook Workplace por Mattermost e Discourse ou a que están planeando en Corea do Sur coa migración de Windows a solucións baseadas en GNU/Linux e desenvolvidas por empresas locais.

Proxecto destacado

logo de OrangeHRM
OrangeHRM é un sistema de xestión de recursos humanos enfocado a empresas pequenas e medianas lanzado en 2005. Trátase dunha aplicación web liberada baixo a licenza GPL versión 2 ou superior e que está baseada en PHP, Apache e MySQL. O desenvolvemento deste software vai da man da empresa homónima que segue o modelo de negocio open core, ofrecendo unha versión libre a todo o mundo e logo a maiores ten outras versións polas que cobra que teñen engadidos e servizos a maiores.

OrangeHRM ten unha morea de funcionalidades que serven para axudar nas áreas de recursos humanos, entre as que destacan as utilidades de xestión de información persoal onde se pode almacenar varios tipos de información sobre os empregados e campos personalizados, pódense xestionar os permisos e vacacións do persoal, facer o seguimento de tempo e de rendemento podendo facer unha exportación de datos de horas extra e diversos tipos de informes relacionados coas tarefas e capacidades dos empregados e por suposto tamén conta con ferramentas que axudan en todo o proceso de novas incorporacións de persoas.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal