Número 29 – Boletín Software Libre na Empresa – Outubro 2019

Mércores, 30 Outubro 2019

Novas

No portal de Mancomún publicamos un novo número de Mancomún Podcast, o número 18 con entrevistas da VI Xornada de Usuarios de R de Galicia. Tamén destacamos algunhas das novas versións de diversos proxectos de software libre como poden ser a distribución enfocada á privacidade Tails 4.0, a nova CentOS 8 para entornos de producción. Mesmo o kernel de Linux tamén conta con unha nova versión, a 5.4 que trae a mellora de seguridade Lockdown e o sistema xestor de bases de datos PostgreSQL, coa súa nova versión 12.0.

Durante este mes de outubro tamén se deu difusión de diversos eventos que terá lugar en Galicia como son a feira tecnolóxica OSHWDem o 9 de novembro na Domus da Coruña. Tamén na Coruña terá lugar as próximas citas da serie GPUL School, con unha sesión sobre como facer unha aplicación Android con Java o 5 de novembro e outra sobre como maquetar dende cero co sistema profesional LaTeX o 19 de novembro, o mesmo día e tamén na Coruña terá lugar unha sesión demostradora sobre o software de xestión empresarial Odoo da man do CDTIC que tamén organizará unha serie de obradoiros sobre ferramentas multimedia chamada MesD Multimedia na que se ensinará a manexar o programa de retoque fotográfico GIMP o día 21 de novembro e o 28 de novembro realizarán unha introdución ao deseño con Inkscape, ambos en Santiago de Compostela.

Proxecto destacado

logo de TensorFlow
O proxecto TensorFlow é unha plataforma de software libre para a aprendizaxe automática. Inicialmente foi desenvolvida por parte do equipo de traballo “Google Brain” para o uso interno da multinacional, pero finalmente liberouse baixo a licenza Apache 2.0 e recentemente veñen de publicar a versión 2.0 de TensorFlow.

TensorFlow proporciona APIs para as linguaxes C++, Python, Java e JavaScript mediante o uso das mesmas pódense construír sistemas de aprendizaxe máquina. TensorFlow facilita a construción de modelos de aprendizaxe baseados en redes neuronais proporcionando distintos niveis de abstracción podendo así desenvolver un sistema de aprendizaxe dunha forma sinxela.

Actualmente existen unhas cantas bibliotecas alén da versión estándar que se poden empregar segundo o uso que se vaia dar ao sistema a desenvolver, para o uso en navegadores con JavaScript, para dispositivos menos potentes como móbiles e Internet of Things.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal