Número 25 – Boletín Software Libre na Empresa – Xuño 2019

Venres, 28 Xuño 2019

Novas

Temos novas entregas de Mancomún Podcast, a número 5 sobre as Xornadas de Odoo en Santiago, a 6 sobre as opcións de compra de equipos con GNU/Linux preinstalado e a última cunhas entrevistas aos organizadores da Akademy-es, que terá lugar do 28 ao 30 de xuño en Vigo, evento sobre o cal tamén escribimos falando do seu programa.

Sobre eventos tamén publicamos certas novidades, como son a xornada que haberá no CNTG sobre a automatización con Ansible, a publicación falando sobre os gañadores do Open Awards 2019 que se entregaron na OpenExpo Europe, pasando polos eventos que terá lugar na zona de Pontevedra, como son os obradoiros que haberá no campus de Pontevedra sobre robótica educativa con Arduino e sobre a impresión 3D e deseño empregando FreeCAD e tamén o evento Django Girls en Vigo.

Durante este último mes tamén tivemos outras novas como que Canonical manterá en Ubuntu certos paquetes na arquitectura de 32 bits ou as novas liberacións de datos que levaron adiante diversas administracións para a súa consulta e explotación por parte de calquera cidadán ou empresa ou as novidades de Dell e Slimbook en canto a equipos con GNU/Linux instalado de fábrica.

Proxecto destacado

logo pfSense

pfSense é unha distribución de software libre para routers e firewalls está baseada no sistema operativo estilo UNIX FreeBSD. A primeira versión data de 2006 e naceu dun fork de m0n0wall, a empresa NetGate é quen se encarga do seu desenvolvemento ademais de ofrecer dispositivos con pfSense instalado.

Mediante o uso de pfSense pódese instalar e configurar un router profesional coas características que frecuentan ter estes dispositivos comerciais, incluso con máis funcionalidades e coa posibilidade de implementar outras grazas a ser este software libre. A instalación pode realizarse nun equipo existente ou novo tendo en conta a guía de selección de hardware ou tamén se pode mercar un equipo con pfSense preinstalado. A configuración pode realizarse a través dunha interface web mediante a cal se poden activar e configurar os servizos de VPN, portal cautivo, firewall, NAT, DNS, DHCP, VLANs e diversas opcións de seguridade.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal