Número 24 – Boletín Software Libre na Empresa – Maio 2019

Venres, 31 Maio 2019

Novas

Comezamos o boletín cos datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), que nos conta que “Seis de cada dez microempresas galegas emprega software libre“, o que supón un aumento do 10%.

Dende Mancomún, comprácenos anunciar que estrenamos contidos en formato sonoro mediante podcasts, dos cales xa se publicaron catro números. O primeiro sobre a xornada de Software Libre Científico, o segundo sobre o Coruña Hacks, o terceiro sobre os cursos liberados no repositorio documental de Mancomún e no último número sobre o obradoiro de retoque fotográfico con GIMP. No portal Mancomún tamén se anunciou a publicación de varios cursos no seu repositorio documental.

No eido europeo destacamos que a Comisión Europea adopta a licenza libre CC BY 4.0 para o contido da súa web. Destacamos tamén a adopción de solucións libres por parte da empresa Cepsa, que empregará solucións fornecidas por Red Hat.

Como novas cun aspecto máis técnico, destacamos que remata o soporte de Ubuntu 14.04 LTS e que saíu a versión 8 de Red Hat Enterprise Linux.

O próximo mes de xuño, no CDTIC, preséntase como o mes Multimedia, que comezará con un obradoiro de introdución ao retoque fotográfico con GIMP, non será o único evento de software libre do mes, xa que tamén terá lugar en Vigo a Akademy-es que xa abreu o rexistro. A primeira fin de semana de xuño, terá lugar un FabLab nas Pontes, o Amigus Labs – Maker 19.2. Na Rede CeMIT están organizando diversos cursos e eventos relacionados co software libre. Tamén relacionado cos eventos, por último, destacamos que foron publicados os vídeos da LibrePlanet deste ano.

Proxecto destacado

logo Scribus
Scribus é un software de maquetación liberado baixo GPLv2 ou superior e multiplataforma que ofrece un gran rendemento na creación de publicacións por computador e atópase dispoñible en multiplos idiomas incluídos o galego e o castelán.

Scribus permite a autoedición e maquetación que facilita e automatiza a composición, deseño e diagramación de páxinas, con el pódense crear unha gran variedade de documentos e formularios, así como a impresión en diferentes formatos, tanto para a publicación a gran escala, como para a distribución a menor escala, con todo isto, esta ferramenta ofrece capacidades para o deseño e diagramación similares ás ofrecidas por programas privativos como Adobe PageMaker, QuarkXPress e Adobe InDesign. Entre os exemplos da súa aplicación poden atoparse periódicos, folletos, carteis, libros, boletíns de novas, tarxetas de visita ou mesmo caixas.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal