Número 22 – Boletín Software Libre na Empresa – Marzo 2019

Venres, 29 Marzo 2019

Novas

No CDTIC estanse a organizar varios eventos sobre tecnoloxías libres co enfoque no sector empresarial como son o II Ceph Day Galicia o 10 de abril e a Sesión demostradora sobre FacturaScripts no CDTIC o 3 de abril.

Tamén dende varias asociacións están a organizar diversos eventos entre os que se atopan as FAQ de GALPon, que teñen lugar todos os segundos martes de mes en Vigo. Unha nova sesión do hackaton Coruña Hacks o sábado 13 abril. En Galicia contamos con varias actividades para celebrar o Arduino Day, entre as que están o 6 de abril en Lugo e o 16 de marzo nas Pontes. Por último, xa está aberta a inscrición ao FLISoL da Coruña, que será o 27 de abril.

Dentro do panoráma europeo, publicouse o libro de tendencias libres para o 2019 da OpenExpo Europe e a Comisión Europea lanzou aIniciativa de Internet de Próxima Xeración.

Proxecto destacado

Logo Zulip
Zulip é unha solución de chat de equipo desenvolvida en Python e que foi comezado por unha empresa homónima adquirida por Dropbox no ano 2014 e grazas ao cal foi liberada baixo Apache 2.0. Zulip permite a comunicación tanto instantánea como asíncrona tendo en conta as distintas dispoñibilidades dos membros dos equipos de traballo mantendo a persistencia de todas as mensaxes incluídas as recibidas mentres non se está conectado. Tamén conta coa posibilidade de personalización grazas ás súas APIs grazas ás que xa existen numerosas integracións con outras plataformas como pode ser GitHub ou LDAP.

A solución completa está formada por unha parte servidor e varios clientes para diversas plataformas tanto móbiles como de escritorio ou mesmo a versión de navegador. Os usuarios poden instalar o software de servidor na súa propia infraestrutura pero tamén poden usar o servizo en Zulipchat.com onde se pode utilizar a subscrición de balde ou un plan de pago con máis espazo e soporte incluído.

As características de Zulip fan a esta unha solución alternativa a outras privativas como pode ser a coñecida Slack, a lista coas funcionalidades destacadas poden verse na súa páxina web.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal