Novas

No portal de Mancomún foi publicado un novo artigo, desta volta sobre a industrialización con Hardware Libre, arredor deste mesmo tema tamén haberá no CDTIC unha sesión demostradora o 8 de marzo titulada Solucións profesionais con hardware libre Arduino, Raspberry-pi.

Tamén foi publicada no repositorio documental do portal unha matriz de compatibilidade de licenzas de software libre.

Na Coruña, durante a semana do 4 ao 8 de marzo, terá lugar a Conferencia de usuarios de QGIS con numerosos relatorios e obradoiros sobre o sistema de información xeográfico QGIS.

Recentemente víu a luz a cuarta entrega de Xeración Ñu con máis artigos e contido multimedia sobre o mundo libre.


Proxecto destacado

logo Drupal Drupal Drupal é un xestor de contidos ou CMS, de software libre baixo licenza GPL, modular e moi configurable, que permite publicar artigos, imaxes e todo tipo de ficheiros. Trátase dun CMS moi versátil e completo mediante o cal se poden desenvolver case calquera tipo de páxina web profesional contando con un montón de casos de éxito así como unha numerosa cantidade de empresas fornecedoras.

Está escrito nas linguaxes de programación PHP e JavaScript e destaca pola calidade do seu código e das páxinas xeradas, o respecto aos estándares web, as súas posibilidades de extensión mediante plugins, a dispoñibilidade de máis de 100 idiomas entre os que se atopan o galego e o castelán, así como por ter unha comunidade de desenvolvemento moi activa.

Pin It on Pinterest

Share This