Número 20 – Boletín Software Libre na Empresa – Xaneiro 2019

Xoves, 31 Xaneiro 2019

Novas

Dentro da iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra terán lugar varias sesións formativas sobre software libre en distintos puntos da provincia: En Barro 5 de febreiro haberá a cuarta sesión do obradoiro de programación con Arduino, en Cambados o 7 de febreiro e en Ponteareas o 12 haberá un obradoiro sobre a creación dunha páxina profesional con WordPress, tamén sobre WordPress, terá lugar en Cambados un obradoiro sobre plugins que axudarán a mellorar a web e por último, o 19 de febreiro en O Porriño terá lugar un evento sobre a solución para venta en liña Woocommerce.

O CDTIC, déixanos dúas novas. A primeira é sobre o CDTIC Virtual da Amtega ampliou a oferta de aplicacións libres con FacturaScripts, unha solución para a xestión empresarial, que queda a disposición de todas aquelas persoas que queira probalo. A segunda é que organizan unha sesión demostradora do software ERP libre Odoo o 15 de febreiro.

A primeira fin de semana de febreiro terá lugar a FOSDEM (Free and Open Source Developers European Meeting) que reunirá en Bruxelas a máis de 8000 desenvolvedores e usuarios de software libre con conferencias retransmitidas online.

Proxecto destacado

logo Sogo
Sogo é unha solución de colaboración e produtividade liberada baixo a GPLv2. Esta plataforma conta con solución de correo electrónico, calendario, axenda, contactos, servizo de directorio, tendo unha longa lista de funcionalidades. Trátase dunha solución desenvolvida principalmente na linguaxe Objective-C que soporta diversos estándares como son CalDAV, CardDAV, iCalendar e intégrase perfectamente con calquera plataformas que soporten OpenLDAP, Active Directory, IMAP e SMTP.

O principal desenvolvedor da solución é a empresa de consultoría e integración de software libre canadense Inverse, que tamén ofrece diversos paquetes de soporte profesional e servizos de integración que complementarían ao soporte gratuíto ofrecido pola comunidade, como é tradicional no software comunitario. A solución completa conta tanto con software de servidor como con clientes para diversas plataformas como poden ser Android, Windows Phone, IOS, Mozilla Thunderbird, Microsoft Outlook…

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal