Novas

Por segundo ano consecutivo celébrase na Coruña, o vindeiro 7 de Outubro, o "Hackatiño de datos abertos", este ano centrado na mobilidade. Pode ser un boa oportunidade para aquelas empresas que queiran saber como se poden xerar iniciativas ou modelos de negocio en base aos datos abertos que publican as administracións. E tamén neste caso concreto para empresas do sector da mobilidade, para ver como o software libre pode mellorar o seu negocio.

O vindeiro día 10 de Outubro terá lugar no CDTIC, en Santiago de Compostela, un seminario sobre liberación de proxectos como software libre, facendo fincapé nas vantaxes que isto pode reportar e novos modelos de negocio asociados ao software libre que poden resultar de interese para unha empresa. Neste artigo recopílanse algunhas das vantaxes que a nova versión de Drupal pode achegar a túa empresa.

Proxecto destacado

NextCloud é un dos máis populares aplicativos de creación de nubes persoais ou privadas; é dicir, é unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube. Pódese ver coma unha alternativa a servizos máis coñecidos como Dropbox ou Google Drive aínda que achega máis funcionalidades xa que se pode ampliar engadindo aplicacións de todo tipo: música, vídeo, imaxes, notas, contactos, calendarios...

Ademais diso, ten a vantaxe de ser software libre, polo que se pode instalar nos propios servidores da empresa, tendo así un total control sobre a ferramenta e o almacenamento dos datos, o que fai máis doado garantir por exemplo o cumprimento da Lei de protección de datos.

NextCloud é multiplataforma, é dicir pode instalarse a aplicación cliente tanto no computador con sistema operativo GNU/Linux, OS X ou Windows, como en dispositivos móbiles: Android e iOS.

Pin It on Pinterest

Share This