Novas

Se precisas xestionar e compartir todo tipo de ficheiros no día a día da túa empresa Dropbox non é a única opción. O Software Libre ofrece atractivas e robustas solucións como ownCloud ou a máis recente Nextcloud. Empresas galegas de todo tipo xa as están a empregar. Se estás pensando en migrar a túa suite ofimática a software libre e precisas soporte profesional, preto da túa oficina e en galego, a empresa galega Librebit está certificada por The Document Foundation. As empresas galegas do campo audiovisual contan con novas ferramentas de software libre para os seus procesos. O proxecto Pitivi vén de publicar unha nova versión.

Proxecto destacado

Logo Alfresco

Alfresco é un sistema de xestión documental e de contidos de software libre, que conta con varias versións. A Community Edition, con licencia de software libre LGPL, outra empresarial sobre a que se ofrece soporte profesional e mesmo unha versión na nube que se ofrece como servizo.

Como xestor documental, Alfresco facilita o control, seguimento, búsqueda e organización de todos os documentos e ficheiros dixitais dunha organización. Todo elo a través dun navegador web e unha interface amigable e intuitiva.

Alfresco é multiplataforma e intégrase con outras tecnoloxías existentes nunha organización, como LDAP, MS Office, LibreOffice, Outlook ou Thunderbird.


Ligazóns de interese

Pin It on Pinterest

Share This