Novas
- Mancomún Podcast: Odoo nas empresas, con Iván Prieto
[Ler máis…] - A nova Linux Mint 21 xa está dispoñible
[Ler máis…] - DALL-E 2, intelixencia artificial para a creación de imaxes
[Ler máis…] - Mancomún Podcast: 87 – Faladoiros Mancomún 2022, con Ana Jiménez
[Ler máis…] - Finalistas do EU Datathon 2022
[Ler máis…] - Aplicacións libres para Android: Proton Mail, correo electrónico
[Ler máis…] - Open EdTech
[Ler máis…] - Grupo de traballo sobre o patrimonio dixital
[Ler máis…]
Formación e eventos
- Congreso: 18th International Conference on Open Source Systems
- Conferencia: PyConES 2022
- Cursos CeMit: LibreOffice Writer e Calc na aula de Sada
Caso de éxito
A Oficina Checa de Telecomunicacións (CTU) creou un portal en liña no que os usuarios das frecuencias nas bandas de 57-66 GHz, 5.8 GHz e 5.2 GHz deben rexistrar as estacións de radio fixas en exteriores e as RLAN na banda de 5.2 e 5.8 GHz. O sitio web emprega varias tecnoloxías libres como Bootstrap e Vue.js.
O portal está deseñado para que os usuarios se poidan comunicar entre si e coordinarse, xestionando as novas estacións instaladas. A solución, incluídos os algoritmos de coordinación, están publicados como software libre utilizando a licenza pública da Unión Europea.
Proxecto destacado
O proxecto destacado deste mes é un conxunto de tecnoloxías libres para a creación de portais web composto fundamentalmente por Bootstrap e Vue.js.
Bootstrap é un conxunto de ferramentas potentes e extensibles de software libre para construír webs rápidas e con capacidade de resposta, baixo unha licenza MIT.
Vue.js é marco de traballo para a linguaxe de programación JavaScript accesible, eficaz e versátil para a creación de interfaces de usuario web que está liberado baixo a licenza MIT.
Segue a…
Carmen Diez (@carmen10maica)
Tesoureira de QGIS España e participa de varios grupos que apoian o Software Libre, SIX libres e bases de datos abertas e mapeo humanitario como Geoinquietos, GeochiscasOSM, WaterHack…