Novas

  • EU Ecodesign: dereito de acceso e reutilización dos equipos [Ler máis...]
  • Publicación sobre o código aberto e a administración pública [Ler máis...]
  • A UE lanza dúas plataformas de medios sociais para os seus organismos e institucións [Ler máis...]
  • Aberto o prazo de presentación do premio ao mellor proxecto universitario libre 2022 [Ler máis...]
  • #Mancomún Podcast: 82 – Campañas e proxectos da Free Software Foundation Europe, con Andrés Diz [Ler máis...]
  • Faladoiros Mancomún 2022, con Laura Castro [Ler máis...]
  • Aplicacións de software libre para usuarios de a pé – Deseños vectoriais con Inkscape [Ler máis...]
  • A UE creará un centro europeo de bens comúns dixitais [Ler máis...]
  • Red Hat Enterprise Linux 9 [Ler máis...]
  • Fedora 36 [Ler máis...]
  • FreeBSD 13.1, melloras no arranque UEFI [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo Ministerio de Presidencia

Aínda que o proxecto LEOS é un proxecto piloto conta con varios casos de éxito como poden ser o caso da administración grega relatado neste artigo, pero o que ocupa este boletín é o caso español do "Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática".

A solución foi despregada para o seu uso no Ministerio tal e como relata nesta entrevista o Director do Proxecto. Nela, tamén conta que LEOS é unha ferramenta que está a axudar ás persoas que redactan a lexislación e que a revisan, tarefa importante nesa institución xa que é a encargada da calidade lexislativa das Cortes Xerais do Estado.

En definitiva, o uso desta solución está a ser un éxito, e están a estudar o uso en outras administracións españolas. Ademais, na entrevista tamén destaca que algúns do puntos fortes de LEOS son que é software libre, modular e que está baseado no estándar Akoma Ntoso, utilizado xa polo Senado.

Proxecto destacado

Logo LEOS

LEOS (Legislation Editing Open Software) é unha solución creada polas administracións europeas ao abeiro do Programa sobre Solucións de Interoperabilidade para as Administracións Públicas, tamén coñecido polas súas siglas en inglés ISA (Interoperability Solutions for Administrations).

Esta solución é un software que permite xerar, editar e revisar proxectos de lexislación nun formato XML legal, está válido para todo tipo de textos legais europeos e tendo en conta as distintas tradicións lexislativas europeas e permitindo así xerar lexislación interoperable entre distintas administracións.

LEOS é unha aplicación web desenvolvida fundamentalmente na linguaxe Java e está liberada baixo os termos da licenza EUPL (European Public License) polo que calquera administración pode reutilizar e adaptar o seu código.


Formación e eventos


Segue a...

Ana Jiménez Santamaría (@anajsana95) Directora de Proxectos de OSPO (Oficina de Software Libre) na iniciativa TODO Groups da Linux Foundation

Pin It on Pinterest

Share This