Novas

  • #Mancomún Podcast: 81 – Segundo volume de Balkar, novela gráfica creada con software libre [Ler máis...]
  • Declaración de Estrasburgo, apoio ao software libre e á interoperabilidade no sector público [Ler máis...]
  • FOSSEPS – Solucións de software libre para os servizos públicos europeos [Ler máis...]
  • GNU Health foi declarado Ben Público Dixital [Ler máis...]
  • Pílula de edición de vídeo con Shotcut [Ler máis...]
  • A plataforma de software libre Kohesio aumenta a transparencia do financiamento da UE [Ler máis...]
  • A Organización Mundial da Saúde pon en marcha unha Oficina de Software Libre [Ler máis...]
  • #Mancomún Podcast: 80 – Xornada de Software Libre Científico de Melisa [Ler máis...]
  • Writer Guide 7.3 [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo de Proyecto CREA e Junta de Andalucía

Existen múltiplos casos de éxito do uso de eXeLearning, no blog do proxecto pode lerse acerca dalgún deles. O caso que ocupa este boletín é o Programa CREA (Creación de Recursos Educativos Abiertos) impulsado pola "Consejería de Educación y Empleo" da "Junta de Extremadura". Esta iniciatica é unha aposta pola liberación de recursos docentes e educativos na que se asesora e facilita a docentes que queiran crear recursos educativos e poñerlos a disposición de todo o mundo.

Grazas a esta iniciativa e a través da plataforma de ensino en liña de Extremadura, eScholarium, que está integrada con eXeLearning, os docentes que queiran publicar os seus recursos poden facelo dun xeito fácil utilizando eXeLearning. Outro dato interesante é que nesta iniciativa todos os contidos son liberado baixo unha licenza libre, a Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual (CC BY-SA).

Proxecto destacado

Logo de eXeLearning

eXeLearning é unha solución que proporciona unha ferramenta para crear contidos educativos tanto para formato web como para soportes físicos como memorias USB.

Aínda que naceu como aplicación de escritorio, actualmente é unha aplicación web desenvolvida principalmente en Python e JavaScript que está liberada baixo os termos da licenza GPL versión 2 ou superior.

Esta aplicación presenta unha interface de usuario intuitiva e fácil de utilizar para que calquera docente sen coñecementos de deseño nin programación web poida preparar contidos educativos e publicar nunha páxina web ou empaquetar e exportar a diferentes formatos como poden ser SCORM, ePub ou IMS.


Formación e eventos


Segue a...

Cristina Valdera (@cvaldera_twt)
Docente de Formación Profesional e coordinadora do proxecto eXeLearning

Pin It on Pinterest

Share This