Novas

  • Pílula sobre revelado de imaxes RAW con Darktable [Ler máis...]
  • Reedición do manual "Construción de prototipos con Arduino" de Amigus Labs [Ler máis...]
  • Igalia contribúe á tecnoloxía da Steam Deck [Ler máis...]
  • UCIe, estándar aberto para chiplets [Ler máis...]
  • O Departamento de Defensa dos Estados Unidos prefire o software libre ás solucións propietarias [Ler máis...]
  • #Mancomún Podcast: 79 – Primeiro especial sobre Hardware libre [Ler máis...]
  • Wolvic, navegador de software libre para xogos, vídeos e contornas de realidade extendida [Ler máis...]
  • Versión mellorada da aplicación oficial para a administración escolar en Estocolmo [Ler máis...]
  • Proxecto piloto do Parlamento Europeo anima a tratar o software libre como un activo valioso [Ler máis...]
  • #Mancomún Podcast: 78 – Reciclaxe e reutilización electrónica con software libre en Vigo [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo do Ministerio de Ciencia e Innovación de España

A solución GLPi conta con múltiplos casos de éxito tanto en administracións públicas coma en empresas de diversos sectores. A implementación que ocupa este boletín é a do Ministerio de Ciencia e Innovación de España, que conta con máis de 250 empregados e oficinas en varias localizacións, cuestións que supuxo a necesidade de contar con un sistema que axudase na xestión do parque de infraestrutura TIC.

Dende o Ministerio declaran que utilizan GLPi como ferramenta principal de Helpdesk no seu CAU (Centro de Atención ao Usuario). Dende ela poden xestionar as incidencias e peticións dos usuarios, así como inventariar e administrar computadoras, monitores, hardware de rede, etc. Fontes do Ministerio destacan a solución como unha ferramenta robusta e flexible que lles permite realizar integracións e extensións das súas funcionalidades mediante os complementos.

Proxecto destacado

Logo de GLPi

GLPI é un sistema para a xestión de parque informático de software libre, o nome ven do francés (Gestionnaire Libre de Parc Informatique). O proxecto está programado na linguaxe PHP e baixo a licenza GPLv2, comezou no ano 2003 da man da asociación francesa INDEPNET como proxecto comunitario e a día de hoxe o proxecto xestiónao a empresa Teclib, que ademais ofrece servizos de subscrición para soporte técnico, plugins adicionais, etc.

Mediante esta solución é posible realizar a xestión e o inventario dos sistemas de información de toda unha empresa ou institución pública. Con ela pode manexarse dende computadoras, software, tarxetas SIM, hardware de redes, impresoras e cartuchos... GLPI tamén conta con outras características que axudan ao persoal de administración de sistemas a cumprir coas boas prácticas da ITIL como a ferramenta de centro de atención a usuarios, utilidades de xestión de proxectos, xestión documental...


Formación e eventos


Segue a...

Antonio Larrosa Jimenez (@antlarr)
Desenvolvedor de software libre na comunidade KDE e Enxeñeiro de SUSE

Pin It on Pinterest

Share This