Novas

  • #Mancomún Podcast: 76 – Gcompris, suite de xogos educativos, con Baltolkien [Ler máis...]
  • Catro cidades finlandesas colaboran no desenvolvemento dun sistema ERP de software libre [Ler máis...]
  • O Concello de Barcelona impulsa o uso de software libre nos centros educativos [Ler máis...]
  • Programa europeo de recompensas por atopar erros para cinco proxectos de software libre [Ler máis...]
  • Pílula sobre OpenVAS, avaliación de vulnerabilidades [Ler máis...]
  • A Universidade Leibniz de Hannover únese á GNU Health Alliance [Ler máis...]
  • Recursos para aprender LibreOffice Base [Ler máis...]
  • #Mancomún Podcast: 77 – Opendata con Bárbara Román, Elen e Mar Diez [Ler máis...]
  • Novo portal de datos abertos de Navarra [Ler máis...]
  • Pílula sobre edición de fotografías con GIMP [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo da Universitat Politècnica de Catalunya

Existen moitos casos de éxito de Moodle ou de solucións baseadas en Moodle. Ao se tratar dun software para a formación a maior parte dos usos están localizados no sector da educación como poden ser universidades, institutos, etc, pero tamén existen casos en departamentos ou áreas nas que está presente a formación.

Neste boletín destácase que en Cataluña existen varios casos de éxito vencellados a unha empresa que se chama IThinkUPC. Esta empresa trátase dunha parceira de Moodle que naceu na Universidade Politécnica de Cataluña onde despregou desenvolveu o campus virtual Atenea, que é unha solución baseada en Moodle e que segundo a páxina web de Moodle é unha das instalacións máis grandes de España, no despregue inicial xa contaba con máis de 35.000 estudantes, 3.500 profesores e 10.000 aulas.

Proxecto destacado

Logo de Moodle

Moodle é unha ferramenta de xestión da aprendizaxe que permite crear plataformas virtuais de formación. Trátase dunha aplicación programada en PHP e liberada baixo GPL mediante a cal se poden xestionar cursos en liña tanto para aprendizaxe virtual a distancia como para complementar cursos presenciais.

Está deseñado tendo en conta principios pedagóxicos e con ánimo de crear ambientes de colaboración, crítica, reflexión e con ferramentas que axudan á aprendizaxe tanto virtual como a presencial reforzándoa utilizando diversas técnicas como as "flipped classroom". Ademais, Moodle está deseñado para permitir a súa extensión e personalización mediante plugins.

Trátase dunha das solucións líderes de aprendizaxe en liña e segundo Moodle, existen a día de hoxe cerca de 180.000 sitios rexistrados, en 241 países, que ofrecen 40 millóns de cursos a algo máis de 300 millóns de usuarios, e a plataforma está traducida a máis de 80 idiomas entre os que se atopan o galego e o castelán.


Formación e eventos


Segue a...

Laura M. Castro (@lauramcastro)
Profesora e investigadora na Universidade da Coruña, firme defensora do software, cultura e ciencia libre e accesible para todo o mundo.

Pin It on Pinterest

Share This