Novas
- Mancomún Podcast: 74 – Que supuxo para a empresa o software libre, con Wilfredo Santana e Javier Giráldez [Ler máis...]
- Tribunais italianos condenan a desenvolvedores por incumprimento da GPL [Ler máis...]
- A academia data.europa xa está en marcha [Ler máis...]
- 32 – Resumo semanal [Ler máis...]
- O folleto “Diñeiro público? Código público!” dispoñible en Español [Ler máis...]
- A Comisión Europea lexisla a favor de liberar o seu software [Ler máis...]
- O congreso esLibre 2022 terá lugar en Vigo, no mes de xuño [Ler máis...]
- #Mancomún Podcast: 75 – Tertulia repaso do ano 2021 [Ler máis...]
- 33 – Resumo semanal [Ler máis...]
- Directrices da EUPL (European Union Public Licence) [Ler máis...]
- 34 – Resumo semanal [Ler máis...]
- Pílula sobre captura de escritorio con OBS [Ler máis...]
Caso de éxito
Existe moitos casos de éxito tanto de Nextcloud coma de Collabora Online en diversos ámbitos e sectores. O que ocupa o boletín deste mes é o do Departamento francés Ille et Vilaine, que grazas á entidade SIB implantou a solución conxunta composta por Nexcloud e Collabora Online en entidades educativas.
Neste proxecto composto por Nextcloud e Collabora Online, levaron a cabo un despregue paso a paso. A solución actualmente está a ser usada por arredor de 12.000 usuarios, entre profesorado e estudantado, en 21 escolas da rexión. Mais o obxectivo é chegar a ter presenza en 57 escolas e contar con 2.500 profesores e 33.000 estudantes que usarían o sistema nun futuro próximo.
A infraestrutura, segundo traballadores da SIB, pode escalar segundo as necesidades das escolas controlando o investimento necesario e medrando a medida que sexa necesario. Grazas á solución implantada, os estudantes poden traballar dende as súas casas e os profesores poden acceder aos deberes e traballos dos alumnos con garantías de interoperabilidade e dende calquera parte e computadora.
Proxecto destacado
Nextcloud é unha solución libre coa que se poden poñer en funcionamento unha plataforma de produtividade e colaboración que naceu dunha bifurcación de ownCloud. Trátase dunha solución centrada na privacidade, que garante a soberanía dos datos e é respectuosa coas leis de protección de datos, tanto a GDPR europea como a CCPA de California, polo que é unha solución válida tanto para empresas e administracións públicas como para uso doméstico e persoal.
Collabora Online é unha solución que complementa a Nextcloud, dotando a esta de xestión de documentos ofimáticos en liña, de xeito colaborativo, grazas á cal se poden editar documentos de texto, follas de cálculo ou deseños aloxados no Nextcloud directamente dende o navegador.
Ademais de ampliar o funcionamento coa aplicación Collabora Online, tamén se poden instalar outras aplicacións en Nextcloud, extendendo así as características de base da solución, que de por si trae incorporada a aplicación como sincroniar e compartir ficheiros a través da rede, xestionar contactos e calendarios, ou mesmo participar en videoconferencias
Tanto Nextcloud coma Collabora Online poden despregarse en infraestrutura propia ou tamén usar servizos ofrecidos por terceiros.
Formación e eventos
Segue a...
Michael Tunnell (@MichaelTunnell) Entusiasta de GNU/Linux, Podcaster e creador de contidos en Destination Linux Network