Número 90 – Boletín de Software Libre na Administración – Xaneiro 2022

Luns, 31 Xaneiro 2022

Novas

  • Mancomún Podcast: 74 – Que supuxo para a empresa o software libre, con Wilfredo Santana e Javier Giráldez
    [Ler máis…]
  • Tribunais italianos condenan a desenvolvedores por incumprimento da GPL
    [Ler máis…]
  • A academia data.europa xa está en marcha
    [Ler máis…]
  • 32 – Resumo semanal
    [Ler máis…]
  • O folleto “Diñeiro público? Código público!” dispoñible en Español
    [Ler máis…]
  • A Comisión Europea lexisla a favor de liberar o seu software
    [Ler máis…]
  • O congreso esLibre 2022 terá lugar en Vigo, no mes de xuño
    [Ler máis…]
  • #Mancomún Podcast: 75 – Tertulia repaso do ano 2021
    [Ler máis…]
  • 33 – Resumo semanal
    [Ler máis…]
  • Directrices da EUPL (European Union Public Licence)
    [Ler máis…]
  • 34 – Resumo semanal
    [Ler máis…]
  • Pílula sobre captura de escritorio con OBS
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Ille et Vilaine

Existe moitos casos de éxito tanto de Nextcloud coma de Collabora Online en diversos ámbitos e sectores. O que ocupa o boletín deste mes é o do Departamento francés Ille et Vilaine, que grazas á entidade SIB implantou a solución conxunta composta por Nexcloud e Collabora Online en entidades educativas.

Neste proxecto composto por Nextcloud e Collabora Online, levaron a cabo un despregue paso a paso. A solución actualmente está a ser usada por arredor de 12.000 usuarios, entre profesorado e estudantado, en 21 escolas da rexión. Mais o obxectivo é chegar a ter presenza en 57 escolas e contar con 2.500 profesores e 33.000 estudantes que usarían o sistema nun futuro próximo.

A infraestrutura, segundo traballadores da SIB, pode escalar segundo as necesidades das escolas controlando o investimento necesario e medrando a medida que sexa necesario. Grazas á solución implantada, os estudantes poden traballar dende as súas casas e os profesores poden acceder aos deberes e traballos dos alumnos con garantías de interoperabilidade e dende calquera parte e computadora.

Proxecto destacado

Logos de Nextcloud e Collabora Online

Nextcloud é unha solución libre coa que se poden poñer en funcionamento unha plataforma de produtividade e colaboración que naceu dunha bifurcación de ownCloud. Trátase dunha solución centrada na privacidade, que garante a soberanía dos datos e é respectuosa coas leis de protección de datos, tanto a GDPR europea como a CCPA de California, polo que é unha solución válida tanto para empresas e administracións públicas como para uso doméstico e persoal.

Collabora Online é unha solución que complementa a Nextcloud, dotando a esta de xestión de documentos ofimáticos en liña, de xeito colaborativo, grazas á cal se poden editar documentos de texto, follas de cálculo ou deseños aloxados no Nextcloud directamente dende o navegador.

Ademais de ampliar o funcionamento coa aplicación Collabora Online, tamén se poden instalar outras aplicacións en Nextcloud, extendendo así as características de base da solución, que de por si trae incorporada a aplicación como sincroniar e compartir ficheiros a través da rede, xestionar contactos e calendarios, ou mesmo participar en videoconferencias

Tanto Nextcloud coma Collabora Online poden despregarse en infraestrutura propia ou tamén usar servizos ofrecidos por terceiros.

Segue a…

Michael Tunnell (@MichaelTunnell)
Entusiasta de GNU/Linux, Podcaster e creador de contidos en Destination Linux Network

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal