Número 9 – Abril 2015

Mércores, 1 Abril 2015

Novas

  • O goberno arxentino libera Huayra 3.0, distribución GNU/Linux para o ámbito educativo [Ler máis… (En Castelán)]
  • Publicada versión Beta do cliente @Firma que permite a execución en entornas que non soportan JAVA [Ler máis… (En Castelán)]
  • A Deputación de Castellón desenvolve unha aplicación móbil que conecta os concellos cos cidadáns [Ler máis… (En Castelán)]
  • ODF se asenta no Reino Unido [Ler máis… (En Castelán)]
  • Universidades de Hungría migran a EuroOffice e ODF [Ler máis… (En Inglés)]
  • O parlamento Vasco adapta o seu fluxo de traballo a ferramenta de software libre eID [Ler máis… (En Inglés)]
  • O goberno de Viena publica toda a súa información xeográfica como Open Data [Ler máis… (En Inglés)]
  • Varios grupos piden á Comisión Europea que cambie PDF por HTML5 nos formularios online [Ler máis… (En Inglés)]
  • A axencia de mapas do Reino Unido muda á licenza Open Government [Ler máis… (En Inglés)]
  • A provincia autónoma de Bolzano (Italia) financia unha ferramenta de facturación online de software libre [Ler máis… (En Inglés)]

Proxecto destacado

Alternativa libre ó cliente Outlook en entornas con servidores Exchange

Thunderbird: Cliente de correo electrónico

Thunderbird é un cliente de correo electrónico de software libre e multiplataforma. Completo e extensible por medio de complementos, cubre todas as necesidades básicas de xestión do correo electrónico, contactos e axenda. Thunderbird ofrece posibilidades de integración con Microsoft Exchange, polo que se pode empregar como alternativa para a migración de equipos a software libre, dentro de organizacións que empreguen este tipo de servidores de correo privativos. Para iso é preciso a instalación dalgunha outra ferramenta e complementos:

DavMail

DavMail é unha ferramenta de software libre que proporciona protocolos de correo estándar para conectarse a un servidor de correo Exchange, conectándose a este a través do acceso web. Isto permite que se poida recibir e enviar correo a través dun cliente como Thunderbird.

Lightning + Exchange EWS Provider

Lightning é un complemento para Thunderbird que permite xestionar unha axenda (evento e tareas). Combinado con outro complemento, Exchange EWS Provider permite conectarse e xestionar calendarios de Exchange, así como ter acceso aos contactos.

Publicacións

  • Estudo sobre o estado da interoperabilidade 2014 en Europa [PDF (En Inglés)]
  • Publicado polo observatorio europeo NIFO, neste estudo detállanse as áreas de progreso e se identifican os principais retos aos que se enfrontan as administracións no deseño e aplicación dos seus marcos nacionais de interoperabilidade. En concreto, para a determinación do análise de aliñamento con Marco Europeo de Interoperabilidade o estudo analiza as seguintes cinco dimensións: Os principios, o modelo conceptual, os niveis de interoperabilidade, os acordos de interoperabilidade e a governanza..

Segue a

GALPon(@galpon)
Conta oficial da asociación GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) que promove o uso do GNU/Linux e o Software Libre, dende a provincia de Pontevedra.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal