Novas

  • A administración francesa abre os seus datos públicos, algoritmos e códigos fonte [Ler máis...]
  • 31 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • PeerTube 4.0, novidades [Ler máis...]
  • Mancomún Podcast: 73 – Casos de éxito no uso de ferramentas libres en administracións públicas, con Jordi Gervas [Ler máis...]
  • Mancomún Podcast: 72 – Casos de éxito no uso de ferramentas libres nas empresas, con Juan María López [Ler máis...]
  • 30 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • Pílula sobre captura de escritorio con aplicacións libres [Ler máis...]
  • Pílula sobre edición de son con aplicacións libres [Ler máis...]
  • Google elimina restricións para estudantes no Summer of Code [Ler máis...]
  • Evento de lanzamento do folleto ¿Dinero público? ¡Código público! [Ler máis...]
  • O estado alemán de Schleswig-Holstein inicia a súa migración ao software libre [Ler máis...]
  • 29 – Resumo semanal [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo de The White House

A Casa Branca é a residencia oficial do presidente dos Estados Unidos de América. Como tal conta con unha páxina web dende os anos 90 a cal sufriu cambios e actualizacións para mantela acorde aos tempos e ás tecnoloxías empregadas, moitas deses cambios foron da man dos cambios na presidencia. Como pode ser a actualización que tivo lugar no ano 2017, esta actualización supuxo a migración do CMS Drupal (tamén software libre) á solución na que se centra este boletín, a administración do actual presidente decidíu actualizar a páxina, pero desta volta mantiveron o xestor de contidos.

A páxina web actual da Casa Branca está xestionada polo Servizo Dixital dos Estados Unidos, coñecido como USDS, unha división da administración federal que se encarga de diversos servizos TIC para o goberno e cidadanía estadounidense. O portal en cuestión é unha web con soporte para varios idiomas, actualmente o inglés e o español. No deseño desta páxina tamén tiveron en conta varios aspectos de accesibilidade ate o punto de cumprir coas guías WCAG 2.1 (Web Content Accessibility Guidelines).

Proxecto destacado

Logo de WordPress

WordPress é unha solución libre de xestión de contidos, CMS nas súas siglas en Inglés, mediante a cal se poden implementar unha páxinas web, portais, blogues, sitios de comercio electrónico... Aínda que comezou como un sistema para a creación de blogues pouco a pouco foi empregándose para todo tipo de sitios web.

Ten unha comunidade de desenvolvedores moi grande, motivado en parte polo seu sistema de plugins, que permite incorporar moitas funcionalidades non presentes na solución base, trátase dun dos CMS máis empregados nos sitos web, chegando a ser que está presente en máis do 40% das 10 millóns de páxinas máis visitadas de outubro de 2021.

Trátase dun software desenvolvido principalmente na linguaxe PHP e liberado baixo os termos da licenza GPL na súa versión 2 ou superior. Ademais do sistema de plugins, outra das características máis interesantes de WordPress é o Multisite, que permite a creación de varios sitios web cunha soa instalación do mesmo e administralos todos dende un único punto, así como a posibilidade de ter sitios en múltiplos idiomas.


Segue a...

Almudena García (@almu_hs) Activista e apaixoada das TIC e do software libre.

Pin It on Pinterest

Share This