Número 88 – Boletín de Software Libre na Administración – Novembro 2021

Martes, 30 Novembro 2021

Novas

  • Publicado o software para a sétima misión Earth Explorer sobre biomasa
    [Ler máis…]
  • #69-Mancomún Podcast: Reportaxe sobre a “VIII Xornada de Usuarios de R de Galicia”, organizada por Melisa
    [Ler máis…]
  • Reportaxe sobre a “VIII Xornada de Usuarios de R de Galicia”, organizada por Melisa”
    [Ler máis…]
  • #26 – Resumo semanal
    [Ler máis…]
  • #70-Mancomún Podcast: Reportaxe sobre o “Obradoiro de Escornabot HFD”, organizado por Bricolabs
    [Ler máis…]
  • Reportaxe sobre o “Obradoiro de Escornabot HFD”, organizado por Bricolabs
    [Ler máis…]
  • O uso de software libre nas empresas tecnolóxicas galegas segue a medrar
    [Ler máis…]
  • #27 – Resumo semanal
    [Ler máis…]
  • A solución de participación cidadá Citizenlab liberada como software libre
    [Ler máis…]
  • #28 – Resumo semanal
    [Ler máis…]
  • #71 – Entrevista a Paloma Piot e Borja González, gañadores do Premio ao mellor proxecto universitario libre 2021
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Logo de Lancaster

A cidade de Lancaster, unha cidade con máis de 60.000 habitantes, utilizou solucións en liña, offline e mixtas para garantir que a súa poboación estivese ben representada nas novas iniciativas de participación cidadá, que ían desde a vixilancia ata a planificación da mobilidade.

Este enfoque inclusivo aumentou a participación, mesmo en comunidades tradicionalmente pouco escoitadas, e deu á cidade a confianza para utilizar a súa plataforma de participación en liña Engage Lancaster (baseada en CitizenLab) para poder abordar problemas locais.

Coa pandemia que mantén aos residentes en casa, a Oficina do Alcalde e o Departamento de Participación Veciñal (DOE) necesitaban abordar a propia fenda dixital da cidade, e atopar novas formas de involucrar a varias comunidades tradicionalmente desconectadas e pouco representadas. Algo que fose fácil de usar e que tivese unha gran accesibilidade lingüística, e querían ter acceso a un apoio práctico e á experiencia en materia de participación. En colaboración con CitizenLab, lanzaron Engage Lancaster para poñer en liña os seus proxectos aprobados cun plan para garantir que todos puidesen ser escoitados.

Proxecto destacado

Logo de CitizenLab

CitizenLab, ferramenta de participación cidadá para gobernos e organizacións. É unha solución mediante a cal se pode implementar unha plataforma para que os gobernos locais cheguen a máis cidadáns, capturen as súas ideas eficientemente e tomen decisións baseándose en datos obtidos en tempo real.

Trátase dun conxunto completo de ferramentas para a participación cidadá que inclue enquisas, votacións, co-creación de ideas, reaccións, votos e orzamentos, invitacións e eventos sociais, medios interactivos, liña de tempo e proxectos. Tamén conta con un panel de control centralizado para a xestión de ideas, moderación automática e xestión de usuarios.

O proxecto está liberado baixo os termos da licenza AGPLv3 e o código fonte está dispoñible en: https://github.com/CitizenLabDotCo/CitizenLab.

Segue a…

CitizenLab (@citizenlabco)

Conta oficial do proxecto CitizenLab.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal