Novas

  • I Faladoiro Mancomún [Ler máis...]
  • #10 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • Canonical dará soporte empresarial para Blender LTS [Ler máis...]
  • #11 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • #12 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • O software libre, elemento crave para lograr a soberanía dixital de Europa [Ler máis...]
  • Pasaporte internacional COVID-19 da Linux Foundation Public Health [Ler máis...]
  • Aberta a presentación de candidaturas ao premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre [Ler máis...]
  • Presentación dos “Faladoiros de Mancomún” no Centro GaiasTech [Ler máis...]
  • Guía de iniciación de LibreOffice 7.1 [Ler máis...]
  • Serie de Artigos TIC – Ciberseguridade orientada a empresa: Primeira parte [Ler máis...]
  • #59-Mancomún Podcast: “El Concilio de lo Libre” con Jesús Gonzalez-Barahona, Jose Luis Vazquez-Poletti e Pablo García [Ler máis...]
  • Conxunto de datos con casos de uso da Intelixencia Artificial dispoñibles como datos abertos [Ler máis...]

Caso de éxito

Bandeira de Colonia

Debido a que se trata dunha solución desenvolvida por unha empresa alemá a maior parte dos casos de éxito de UCS@School están en Alemaña, onde varios dos estados se acolleron ao uso desta solución para as súas institucións educativas.

O caso que nos ocupa neste boletín é o das escolas da cidade alemá de Colonia. Trátase dun caso que involucra a 261 centros con sobre 10.000 docentes e 135.000 escolares e o parque informático consta de 17.000 computadoras de escritorio nos centros e 3.500 dispositivos móbiles aos que se xuntan tamén outros dispositivos persoais da comunidade educativa.

Algunhas das claves que fixeron decantarse polo uso de UCS@school na xestión destes centros foi á necesidade de simplificar e facer eficiente a administración dos sistemas educativos. Con esta solución teñen un sistema aberto e flexible con posibilidades de ampliación e personalización para poder integrar todas as ferramentas que empregan nos centros e poder ter o sistema de autenticación integrado co resto da administración.

Proxecto destacado

Logo de UCS@school

UCS@school é unha solución que proporciona aceso á infraestrutura TIC e aplicacións a colexios e entidades educativas, así mesmo tamén fornece unha serie de recursos e ferramentas para poder interoperar entre elas.

UCS@school trátase dunha aplicación escrita fundamentalmente na linguaxe Python e licenciada baixo os termos da AGPL versión 3.0, é unha solución desenvolvida no ano 2014 pola empresa Univention GmbH, unha empresa alemá que desenvolve software libre e ofrece servizos sobre os mesmos con certo enfoque na educación, por iso a solución está tendo boa acollida por parte de institucións alemás de educación.

A solución ten como principais características a integración entre os distintos sistemas que se usan nas entidades educativas como poden ser mensaxería instantánea, software de aprendizaxe en liña, correo electrónico, autenticación e provisión de rede sen fíos, distribución de software, almacenamento, sistemas de impresión... UCS@school pode empregarse para un só centro, ou tamén pode usarse para xestionar varios centros permitindo así manexar varios sistemas TIC sen a necesidade de ter coñecementos avanzados de administración de sistemas.


Formación e eventos


Segue a...

Aleix Pol (@AleixPol) Presidente de KDE e.V. e desenvolvedor en varios proxectos de KDE e membro de Barcelona Free Software.

Pin It on Pinterest

Share This