Novas

  • #05 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • Informe sobre a implementación da Directiva INSPIRE en España [Ler máis...]
  • #56-Mancomún Podcast: Licenzas libres con María Cerviño [Ler máis...]
  • #06 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • CATAFÍS, Sistema de Información Xeográfica do Concello de Pontevedra [Ler máis...]
  • #07 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • A aposta polos datos abertos dos museos suecos e noruegos [Ler máis...]
  • #57-Mancomún Podcast: esLibre con Rafael Mateus, Pedro Javier Fernández e Germán Martínez [Ler máis...]
  • #08 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • Novo deseño de PeerTube e varias melloras [Ler máis...]
  • #09 – Resumo semanal [Ler máis...]
  • Wiki Loves Camino, mellora da información patrimonial do Camiño de Santiago [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo de ESA e NASA

Grazas á posición de Docker como estándar de facto nas tecnoloxías de virtualización empregando contedores existen unha morea de casos de éxito do uso da solución en diversos sectores. Os casos que nos ocupan neste boletín son os das axencias espaciais ESA (European Space Agency) e NASA (National Aeronautics and Space Administration). As axencias empregan Docker en múltiplas ocasións e múltiplos proxectos, pero neste boletín destácanse un par de proxectos nos que intervén a solución.

O caso da ESA foi un caso relevante xa que lanzaron un cohete espacial para realizar experimentos e un dos sistemas computacionais que tiña o cohete era un formado por unha Raspberry Pi Zero que executaba a distribución BalenaOS grazas á cal puideron lanzar software crítico de diversa índole de forma illada sen que puideran interferir entre eles en caso de bloqueo ou mal funcionamento.

O exemplo de caso de éxito da NASA é a dun sistema de información sobre a hidroloxía terrestre, trátase dun proxecto de computación de alto rendemento. No marco deste proxecto a Axencia desenvolveu un framework para integrar varios sistemas de modelado. O uso dos contedores Docker neste caso está motivado pola complexidade dos sistemas e a dificultade de instalación dos mesmos, xa que moitas da persoas integrantes do proxecto non son expertas en sistemas informáticos e a adopción de Docker permite realizar esta instalación en minutos.

Proxecto destacado

Logo de Docker

Docker, ou máis concretamente Docker Engine, é unha tecnoloxía de virtualización que permite crear, executar, probar, implementar e distribuír software mediante paquetes chamados contedores (do inglés containers). Os contedores están illados do resto do software podendo comunicarse mediante regras ben definidas e configuradas tratándose de algo similar a unha máquina virtual pero máis lixeira e consumindo menos recursos.

Entre os seus casos de uso pódese destacar sobre todo en actividades relacionadas con prácticas como DevOps, a integración e entrega continua aplicacións, a creación de paquete de datos portátiles para o seu procesamento, a creación de contedores de aplicacións para o seu despregue como servizos manténdoos separados para maior seguridade ou facilidade de instalación...

Arredor do proxecto Docker existe un ecosistema e unha comunidade moi grande debido á súa popularidade, así mesmo, co nome de Docker Inc. coñécese á empresa encargada do desenvolvemento do proxecto e que ofrece outros servizos e produtos sobre ela como pode ser o Docker Hub ou Docker Desktop e tamén formación.


Formación e eventos


Segue a...

Nithya Ruff (@nithyaruff) Directora de Estratexia de Software Libre en Comcast e membro da directiva da Linux Foundation

Pin It on Pinterest

Share This