Número 82 – Boletín de Software Libre na Administración – Maio 2021

Mércores, 26 Maio 2021

Novas

  • Lutece, plataforma cidadá de software libre, expándese en Estados Unidos
    [Ler máis…]
  • #54-Mancomún Podcast: Creación de novelas gráficas con software libre, Ángel Sánchez
    [Ler máis…]
  • #02 – Resumo semanal
    [Ler máis…]
  • OpenSSH 8.6 soluciona vulnerabilidade e chega con outros cambios
    [Ler máis…]
  • Proxmox VE 6.4, conta con Kernel 5.4 e modo en vivo de restauración
    [Ler máis…]
  • A comunidade de xeodatos abertos comparte a información cos organismos públicos
    [Ler máis…]
  • #03 – Resumo semanal
    [Ler máis…]
  • Asistente de licenza do Portal Europeo de Datos Abertos
    [Ler máis…]
  • #55-Mancomún Podcast: BioStatFLOSS, recompilación de software libre para epidemioloxía con Miguel Muíños
    [Ler máis…]
  • #04 – Resumo semanal
    [Ler máis…]
  • Nova versión de EpiLinux
    [Ler máis…]
  • Ampliado o prazo de inscrición do XV Concurso Universitario de Software Libre
    [Ler máis…]
  • LoRaWan, unha rede para IoT nas Pontes
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Logo da Sorbonne Université

Existe unha grande cantidade de casos de éxito de BigBlueButton en diversas contornas, aínda que debido ao seu enfoque, a maior parte deles son do sector educativo.

O caso que nos ocupa neste boletín é o da universidade francesa “Sorbonne Université”. Trátase dunha universidade de París multidisciplinar que conta con máis de 50.000 estudantes e máis de 6.000 investigadores. Durante a crise do COVID-19, ao igual que moitas outras entidades educativas, viuse na obriga de cambiar as súas clases ao modelo en liña.

Para soportar as clases en liña masivas tiveron que fortalecer a súa infraestrutura, para tal propósito despregaron unha solución baseada en BBB e integrárona con Moodle. Algunha das súas facultades xa estaban a empregar a solución, pero non adoptaron a solución para a totalidade da universidade ata ese momento.

A integración da solución despregada e o seu mantemento fixérono en colaboración coas empresas Scaleway e Arawa. Dende a universidade destacan que grazas á implementación dunha solución baseada en BBB e aloxada en infraestrutura europea non só se aseguraron de cumprir cos requisitos da lexislación europea de protección de datos, senón que tamén apostaron por unha solución de software libre.

Proxecto destacado

Logo de BigBlueButton

BigBlueButton, é unha solución que permite despregar unha plataforma de conferencias web que está especialmente deseñada para o mundo da aprendizaxe en liña, aínda que é aplicable a calquera tipo de conferencias.

A solución vai máis alén do que é unha conferencia e ten unha serie de ferramentas que amplían as funcionalidades. Algunhas destas ferramentas ou características adicionais son as enquisas incorporadas, que poden servir para realizar votacións en reunións; o chat, que permite a comunicación por escrito aos membros dunha conferencia, tanto de forma grupal e pública como de xeito privado; a posibilidade de compartir diapositivas sobre as que se poden sinalar, pintar, escribir e destacar partes, accións que tamén se poden utilizar a modo de encerado virtual; ademais da posibilidade de gravar a sesión para a súa posterior publicación.

A aplicación está liberada baixo os termos da LGPL-3.0 e está desenvolvida principalmente con JavaScript, Java e Scala cumprindo cos estándares HTML5 e WebRTC, conta ademais con integracións con varias solucións como poden ser Moodle, Sakai, Drupal, Chamilo, Redmine, WordPress…

Para o uso de BigBlueButton é necesario contar con unha instalación da plataforma en infraestrutura propia ou tamén se pode usar a aplicación como un servizo ofrecido por terceiros. Por parte do usuario o único necesario para empregar a aplicación é ter un navegador moderno e conectarse ao enderezo onde se atope aloxada a aplicación.

Segue a…

LibreLabGRX (@LibreLabGRX)

Comunidade de Granada a favor do software, hardware e cultura libre

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal