Novas

  • GCompris publicado no catálogo público Developers Italia [Ler máis...]
  • Wikimedia España declarada entidade de utilidade pública [Ler máis...]
  • O Concello de Barcelona consolida unha oficina de atención cidadá telemática con software libre [Ler máis...]
  • O software libre chega a Marte con Ingenuity [Ler máis...]
  • #50-Mancomún Podcast: Formación en tecnoloxías libres con David Vaquero [Ler máis...]
  • Convocatoria para construír un inventario de software libre paneuropeo [Ler máis...]
  • Novela gráfica creada con software libre [Ler máis...]
  • Publicadas as organizacións participantes do Google Summer of Code [Ler máis...]
  • Servizo de visualización de Portos do Estado [Ler máis...]
  • #51-Mancomún Podcast: Creative Commons con Marelisa Blanco [Ler máis...]
  • O Concello de Zaragoza pon a disposición os seus servizos de contratación pública [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo do Concello de Barcelona

Existen unha morea de casos de éxito nos que se emprega Jitsi para a realización de conferencias. O que nos ocupa neste boletín é o da Oficina de Atención Cidadá do Concello de Barcelona.

Esta entidade dedica en exclusiva unha das súas oficinas a xestións telemáticas mediante a cal a cidadanía pode realizar trinta trámites que antes había que xestionar de forma presencial. Para levar adiante esta oficina, dende o Instituto Municipal de Informática, desenvolveron unha solución seguindo os principios do software libre e baseada en dúas solucións libres como son Jitsi e NextCloud. NextCloud é empregado para compartir documentos de xeito segura e Jitsi é a solución escollida para a comunicación coa cidadanía.

Esta oficina comezou a funcionar en xaneiro de 2021 e en un mes xa superou as 4.000 consultas atendidas. Trátase dunha iniciativa con éxito que ademais se está estendendo a outros departamentos da cidade condal así como a outras administración que tamén a está empregando nas súas oficinas.

Proxecto destacado

Logo de Jitsi

Jitsi é unha solución multiplataforma de videoconferencia que se comezou a desenvolver como proxecto estudantil de Emil Ivos na Universidade de Estrasburgo no 2003 e era coñecido como SIP Communicator. Mediante o uso de Jitsi poden manterse conferencias de voz e vídeo con funcións avanzadas como a compartición de escritorio, a retransmisión ou gravación da conferencia, ou a integración co sistema de telefonía tradicional.

Está licenciado baixo Apache 2.0 e a solución completa componse fundamentalmente de Jitsi Videobridge e Jitsi Meet. O Videobridge é un servidor XMPP con soporte para comunicacións por vídeo e compatibles con WebRTC, mentres que o Jitsi Meet é a parte cliente. Para usar a solución pódese instalar en infraestrutura propia ou tamén se poden usar os servizos de terceiros, tanto de balde, como de pago, como por exemplo o de 8x8, que é a empresa que se encarga do desenvolvemento do proxecto.


Formación e eventos


Segue a...

David Marzal (@DavidMarzalC) Administrador de sistemas e redes e activista do software libre

Pin It on Pinterest

Share This