Novas

  • #49-Mancomún Podcast: OpenData day con Rafael R. Gaioso [Ler máis...]
  • Proxecto Common Voice en galego [Ler máis...]
  • Guía de Impress 7.0 [Ler máis...]
  • A Asociación de Empresas Portuguesas de Software Libre, novo membro da Asociación Europea de Empresas de Software Libre [Ler máis...]
  • Discourse en galego [Ler máis...]
  • Pílula sobre a sinatura dixital de documentos coas máquinas virtuais [Ler máis...]
  • SIOSE5K, novo visor de usos e coberturas do solo nos concellos de costa [Ler máis...]
  • #48-Mancomún Podcast: Repaso ao 2020 con Francisco Puga e Pablo Sanxiao [Ler máis...]
  • LibreOffice 7.1 Community, mellor soporte de docx [Ler máis...]
  • Convocatoria para a obtención do CODIX [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo de Comune di Trento

Existen unha manchea de casos de éxito nos que se utiliza a solución de virtualización de Proxmox, na páxina web do proxecto pódese atopar unha sección con testemuños sobre algúns destes casos. O que nos ocupa neste boletín trátase do municipio italiano de Trento.

O departamento de informática da administración local xestiona os servizos telemáticos que ofrece a mesma aos cidadáns e foi o encargado de decidir a aposta por Proxmox, esta decisión estivo baseada en varios aspectos.

Por un lado, tiñan en mente que as solucións de software libre son máis adecuadas para as administracións públicas garantindo a soberanía tecnolóxica e permitindo decidir en que se invisten os cartos dos contribuíntes de forma independente se estar atados a unha empresa.

Por outro lado, dende o departamento de informática tamén resaltan que Proxmox permitiulles implementar unha plataforma de virtualización sólida e de calidade que se axusta ás necesidades que teñen. Ademais, dende o departamento tamén destacan que grazas á implementación mediante Proxmox permitiu reducir custos en licenzas software e así puideron investir eses cartos en servir á cidadanía.

Proxecto destacado

Logo de Proxmox

Proxmox Virtual Environment é unha solución que como o nome indica proporciona unha contorna de virtualización baseada en tecnoloxías libres e liberada baixo os termos da licenza GNU AGPL versión 3.

Esta solución trátase dunha solución completa no referente á xestión de centros de datos corporativos que aglutina unha serie de software nunha distribución baseada en Debian que se pode instalar en infraestrutura propia ou pode usarse como servizos ofrecidos por terceiros. Unha das características principais de Proxmox é que permite realizar a xestión de virtualización a través dun interface web intuitiva e sinxela de utilizar. Soporta dous modelos de virtualización, máquinas virtuais empregando a tecnoloxía KVM ou a tecnoloxía de contedores LXC. Tamén ten ferramentas que, a través da interface web, permiten realizar tarefas interesantes para a administración de centros de datos como a xestión de volumes de almacenamento, a xestión de alta dispoñibilidade...

Proxmox é tamén o nome da empresa afincada en Austria que está detrás deste proxecto e que tamén conta con outros proxectos libres como Proxmox Mail Gateway e Proxmox Backup Server, esta empresa é a encargada do desenvolvemento destas tres solucións sobre as que tamén ofrece servizos de mantemento.


Formación e eventos


Segue a...

KDE España (@KDE_Espana)
Conta oficial da asociación KDE España

Pin It on Pinterest

Share This