Novas

  • Un informe suxire a creación dunha Oficina de Programas de Software libre no goberno francés [Ler máis...]
  • #47-Mancomún Podcast: Repaso da OSHWDem 2020 [Ler máis...]
  • Wikimedia participa na consulta pública da Carta de Dereitos Dixitais [Ler máis...]
  • Máquinas virtuais para sinatura dixital [Ler máis...]
  • Inscricións abertas do Concurso Universitario de Software Libre 2021 [Ler máis...]
  • Red Hat, gratis para equipos de desenvolvemento e en produción ata 16 servidores [Ler máis...]
  • Alemaña proba X-Road para ofrecer receitas dixitais interoperables [Ler máis...]
  • Novidades de Linux 5.10 [Ler máis...]
  • #46-Mancomún Podcast: Mulleres no software libre. Así nolo contaron elas en 2020 en Mancomún Podcast [Ler máis...]
  • Qt 5.15 LTS só para usuarios comerciais [Ler máis...]
  • As universidades alemás piden ao goberno que apoie o software libre [Ler máis...]
  • Artigo TIC sobre as mulleres no software libre [Ler máis...]
  • Wikipedia cumpre 20 anos [Ler máis...]
  • Conectando o European Interoperability Framework (EIF) con Smart Cities e Comunidades [Ler máis...]
  • David Recordon, novo director de tecnoloxía da Casa Branca [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo de Universidad Pública de Navarra / Unibertsitate Publikoa

Existen unha grande cantidade de casos de éxito de Sakai, especialmente entre entidades de ensinanza entre as que se atopan unha morea de universidades dos Estados Unidos, aínda que tamén doutros puntos do planeta, como a do caso de éxito que ocupa este boletín, a Universidad Pública de Navarra, coñecida pola siglas UPNA.

Na UPNA veñen usando dende hai xa bastante tempo sistemas informáticos de apoio á aprendizaxe, pero non foi ata o ano 2008 cando comezaron a usar Sakai. Os comezos con Sakai foron con unha implantanción dunha proba piloto á que se ían sumando os docentes que quixeran probalo. Estas probas foron un éxito rotundo, polo que no ano 2010 xa tiñan toda a docencia oficial con Sakai e pasados uns anos da súa adopción, a satisfacción coa ferramenta entre a comunidade educativa é moi alta.

Dende a UPNA destacan como unha das decisións para cambiarse a Sakai foi que a anterior plataforma que usaban estaba obsoleta e que adquirir licenzas de novas versión eran demasiado caras, polo que deron o salto á plataforma de software libre e aberto Sakai. Ademais de empregar Sakai, dende a UPNA tamén participan na comunidade arredor da ferramenta e teñen realizado contribucións ao proxecto.

Proxecto destacado

Logo de Sakai

Sakai LMS é unha solución de xestión educativa, en inglés Learning Management System, mediante o uso de Sakai pódese despregar unha plataforma de aprendizaxe en liña para ser utilizada como apoio á docencia por entidades educativas de todo tipo, así mesmo tamén pode ser empregada en departamentos de formación de empresas ou entidades públicas.

A primeira versión estable de Sakai foi liberada no ano 2005 e o seu desenvolvemento estivo sempre vinculado con diversas universidades dos Estados Unidos onde ten unha maior presencia e implantación. A solución está maioritariamente desenvolvida na linguaxe de programación Java e está liberada baixo os termos da licenza Educational Community License (ECL), que está baseada na Apache versión 2 e conta con un deseño modular e que conta con numerosas integracións con outras plataformas, como poden ser BigBlueButton, WordPress, Mahara...

O software Sakai proporciona unha solución completa e intuitiva para diversas situacións de ensino, pode ser empregado tanto como un apoio á docencia presencial como tamén pode ser usado como plataforma de docencia en liña grazas a que está desenvolvida seguindo estándares como SCORM e ás diversas integracións que facilitan a súa extensión segundo as necesidades. Para o uso de Sakai é necesaria realizar unha implantación en infraestrutura propia ou ben usar a infraestrutura de terceiros.


Formación e eventos


Segue a...

Sakai LMS (@SakaiLMS) Conta oficial do proxecto Sakai.

Pin It on Pinterest

Share This