Número 77 – Boletín de Software Libre na Administración – Decembro 2020

Xoves, 31 Decembro 2020

Novas

  • O software libre e os estándares abertos presentes na Declaración de Berlín 2020
    [Ler máis…]
  • #44-Mancomún Podcast: 24H24L con José Jiménez
    [Ler máis…]
  • Directrices para as comunidades de software libre sostibles no sector público
    [Ler máis…]
  • ONLYOFFICE 6.1, melloras nas follas de datos e soporte para a arquitectura ARM de Apple
    [Ler máis…]
  • O asistente de licenzas de Joinup actualízase
    [Ler máis…]
  • Pílula sobre Woocomerce, comercio electrónico
    [Ler máis…]
  • Os drivers de Vulkan para Raspberry Pi foron liberados pola empresa galega Igalia
    [Ler máis…]
  • 24H24L, evento para futuros usuarios de GNU/Linux
    [Ler máis…]
  • PHP 8.0, numerosas melloras
    [Ler máis…]
  • Open source Security Foundation
    [Ler máis…]
  • Reutilización do software en Noruega para a mellora do entorno
    [Ler máis…]
  • GNOME amplía o seu desenvolvemento con Circle
    [Ler máis…]
  • KDE para pekes, nova web do software educativo de KDE
    [Ler máis…]
  • CentOS 8 descontinuarase en 2021 para convertirse na rolling release CentOS Stream
    [Ler máis…]
  • A aplicación alemá de rastrexo Corona, dispoñible sen os servizos de Google
    [Ler máis…]
  • A nova versión de GTK sae á luz
    [Ler máis…]
  • #45-Mancomún Podcast: María J. Rodríguez, e-Learning no Centro de Supercomputación de Galicia
    [Ler máis…]

Caso de éxito

Caso de éxito

Exiten unha morea de casos de éxito de LibreOffice en moitos ámbitos. Neste boletín destácase o caso do Ministerio de Defensa italiano.
O caso deste ministerio é especialmente importante debido á envergadura do proxecto de migración da suite ofimática privativa á suite ofimática libre de máis de 100 mil computadoras e que supuxo un aforro estimado de cerca de 30 millóns de euros en 5 anos, datos que fan ser o segundo maior proxecto de migración a LibreOffice por parte dunha administración pública europea.

Esta migración foi anunciada xa no ano 2015, como consecuencia dunha lei italiana de 2012 que dita como primeira opción o software libre fronte ao privativo nas entidades públicas. Para levar adiante o proxecto de migración contou cun convenio de colaboración entre o ente público e a asociación sen ánimo de lucro LibreItalia, que axudou ao ministerio elaborando material de formación que tamén liberou para todo o mundo. Nesta ligazón pode lerse máis información sobre o proxecto de migración.

Proxecto destacado

Logo de LibreOffice

LibreOffice é unha suite ofimática libre xestionada e desenvolvida por “The Document Foundation” (TDF), nacida en 2010 como unha bifurcación de OpenOffice logo da compra de Sun por parte de Oracle, ano no que tamén naceu a fundación que xestiona o proxecto.

A solución trátase dunha suite ofimática de escritorio que é multiplataforma e está composta por varias ferramentas que cobren os casos de uso que pode haber na maior parte de contornas. As aplicacións incluídas en LibreOffice son o procesador de textos Writer, a folla de cálculos Calc, a aplicación de presentación Impress, a base de datos Base, a aplicación de debuxos e diagramas Draw, o editor de fórmulas matemáticas Math…

Ademais da suite de escritorio, tamén existe LibreOffice Online que é unha solución coas funcionalidades principais de LibreOffice ofrecidas dende a nube. LibreOffice está dispoñible en máis de 100 linguas entre as que se atopan tanto o galego coma o castelán incluíndo tanto a tradución da interface coma co dicionario ortográfico en ambas linguas.

Segue a…

Italo Vignoli (@italovignoli)
Consultor, marketing e defensor tanto do software libre como dos estándares abertos, fundador e director da Open Source Initiative.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal