Novas

  • O software libre e os estándares abertos presentes na Declaración de Berlín 2020 [Ler máis...]
  • #44-Mancomún Podcast: 24H24L con José Jiménez [Ler máis...]
  • Directrices para as comunidades de software libre sostibles no sector público [Ler máis...]
  • ONLYOFFICE 6.1, melloras nas follas de datos e soporte para a arquitectura ARM de Apple [Ler máis...]
  • O asistente de licenzas de Joinup actualízase [Ler máis...]
  • Pílula sobre Woocomerce, comercio electrónico [Ler máis...]
  • Os drivers de Vulkan para Raspberry Pi foron liberados pola empresa galega Igalia [Ler máis...]
  • 24H24L, evento para futuros usuarios de GNU/Linux [Ler máis...]
  • PHP 8.0, numerosas melloras [Ler máis...]
  • Open source Security Foundation [Ler máis...]
  • Reutilización do software en Noruega para a mellora do entorno [Ler máis...]
  • GNOME amplía o seu desenvolvemento con Circle [Ler máis...]
  • KDE para pekes, nova web do software educativo de KDE [Ler máis...]
  • CentOS 8 descontinuarase en 2021 para convertirse na rolling release CentOS Stream [Ler máis...]
  • A aplicación alemá de rastrexo Corona, dispoñible sen os servizos de Google [Ler máis...]
  • A nova versión de GTK sae á luz [Ler máis...]
  • #45-Mancomún Podcast: María J. Rodríguez, e-Learning no Centro de Supercomputación de Galicia [Ler máis...]

Caso de éxito

Caso de éxito

Exiten unha morea de casos de éxito de LibreOffice en moitos ámbitos. Neste boletín destácase o caso do Ministerio de Defensa italiano. O caso deste ministerio é especialmente importante debido á envergadura do proxecto de migración da suite ofimática privativa á suite ofimática libre de máis de 100 mil computadoras e que supuxo un aforro estimado de cerca de 30 millóns de euros en 5 anos, datos que fan ser o segundo maior proxecto de migración a LibreOffice por parte dunha administración pública europea.

Esta migración foi anunciada xa no ano 2015, como consecuencia dunha lei italiana de 2012 que dita como primeira opción o software libre fronte ao privativo nas entidades públicas. Para levar adiante o proxecto de migración contou cun convenio de colaboración entre o ente público e a asociación sen ánimo de lucro LibreItalia, que axudou ao ministerio elaborando material de formación que tamén liberou para todo o mundo. Nesta ligazón pode lerse máis información sobre o proxecto de migración.

Proxecto destacado

Logo de LibreOffice

LibreOffice é unha suite ofimática libre xestionada e desenvolvida por "The Document Foundation" (TDF), nacida en 2010 como unha bifurcación de OpenOffice logo da compra de Sun por parte de Oracle, ano no que tamén naceu a fundación que xestiona o proxecto.

A solución trátase dunha suite ofimática de escritorio que é multiplataforma e está composta por varias ferramentas que cobren os casos de uso que pode haber na maior parte de contornas. As aplicacións incluídas en LibreOffice son o procesador de textos Writer, a folla de cálculos Calc, a aplicación de presentación Impress, a base de datos Base, a aplicación de debuxos e diagramas Draw, o editor de fórmulas matemáticas Math...

Ademais da suite de escritorio, tamén existe LibreOffice Online que é unha solución coas funcionalidades principais de LibreOffice ofrecidas dende a nube. LibreOffice está dispoñible en máis de 100 linguas entre as que se atopan tanto o galego coma o castelán incluíndo tanto a tradución da interface coma co dicionario ortográfico en ambas linguas.


Segue a...

Italo Vignoli (@italovignoli) Consultor, marketing e defensor tanto do software libre como dos estándares abertos, fundador e director da Open Source Initiative.

Pin It on Pinterest

Share This