Novas

  • Telegram xa permite facer videochamadas cifradas [Ler máis...]
  • Nextcloud con cifrado de extremo a extremo [Ler máis...]
  • Hedy: A nova linguaxe de programación para ensinar programación a crianzas [Ler máis...]
  • #38-Mancomún Podcast: Nenos e tecnoloxía libre, con Iraisy Figueroa [Ler máis...]
  • A Junta de Andalucía adquirirá gran cantidade de ordenadores con GNU/Linux [Ler máis...]
  • Pílula sobre PrestaShop, o teu negocio en liña [Ler máis...]
  • Migración do municipio turco Eyüpsultan a software libre [Ler máis...]
  • #39-Mancomún Podcast: Software libre na universidade, con Laura Castro [Ler máis...]
  • Radar COVID liberou o seu código fonte [Ler máis...]
  • #40-Mancomún Podcast: Marcos Fernández Pichel, un dos gañadores do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2019 [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo de BLE

Existen unha morea de casos de éxito tanto de Ansible como de solucións máis completas baseadas en Ansible, como é o caso da Oficina Federal Alemá para a Agricultura e Alimentación, coñecida polo acrónimo en alemán BLE (Bundesanstalt für Landwirtschaft und Ernährung). Trátase dun organismo que se encarga de fornecer os servizos centrais no ámbito do Ministerio Federal de Alimentación e Agricultura dando soporte a proxectos de investigación nas áreas de agricultura, alimentación, desenvolvemento rural, e protección ao consumidor. As dimensións da súa infraestrutura son de arredor de 1000 máquinas virtuais con 300 aplicacións distintas mediante as que fornece servizos informáticos a diversas entidades da administración alemá.

Nesta oficina precisaban mellorar as súas infraestruturas tornándoas máis eficientes para poder satisfacer o aumento da demanda de procesos especializados, polo que decidiron mudar os seus sistemas Debian e SUSE a Red Hat Enterprise Linux automatizándoos con Red Hat Ansible Tower, que é unha solución comercial de Red Hat que está baseada en Ansible. Antes de implantar Ansible, analizaron outras solucións como Puppet e Chef, pero o soporte de Red Hat á plataforma Ansible e o seu produto comercial Ansible Tower foron os motivos que levaron á entidade a decantarse por Ansible.

Conseguiron mediante esta implantación simplificar e reducir á metade o tempo dedicado á xestión da súa infraestrutura automatizando os procesos de configuración e provisión mediante o uso de Ansible e substituíndo o 99% dos scripts que desenvolvían e mantiñan manualmente. Grazas a esta automatización tamén reduciron o risco de cometer erros manuais e melloraron a prestación de servizos tanto aos usuarios internos coma aos usuarios doutros departamentos.

Proxecto destacado

Logo de Ansible

Ansible é unha ferramenta de software libre que permite a automatización e simplificacións das tarefas habituais no despregue e xestión de infraestruturas informáticas, redes de ordenadores e servidores. Permitindo un aforro considerable de tempo á hora de xestionar os sistemas informáticos evitando erros debido a realizar as tarefas de forma manual e facéndoas reproducibles.

Esta solución está dentro do grupo das ferramentas de orquestración, xa que ao ser instalado dentro dunha rede de ordenadores permite que algunha das máquinas, definida como a de control xestione todas as demais a través do protocolo SSH, permitindo aplicar configuracións a tódalas máquinas ao mesmo tempo, instalar aplicacións, actualizalas ou realizar calquera outra tarefa de mantemento.

Está implementada na linguaxe de programación Python, liberado baixo a licencia GPL versión 3 e conta con soporte profesional por parte de Red Hat, empresa que adquiriu o proxecto no 2015. Ansible non precisa instalar ningún axente nas máquinas a xestionar, só é necesario que conten con Python e con unha conexión SSH habilitada e soporta a xestión de nodos con sistemas BSD, GNU/Linux, MacOS e Microsoft Windows.


Formación e eventos


Segue a...

Red Hat Ansible (@ansible) Conta oficial do proxecto Ansible

Pin It on Pinterest

Share This