Número 73 – Boletín de Software Libre na Administración – Agosto 2020

Luns, 24 Agosto 2020

Novas

  • 100 días de “Diñeiro público… Código Público!” en Munich
    [Ler máis…]
  • #37-Mancomún Podcast: Informática forense dixital, con Pilar Vila
    [Ler máis…]
  • A FSF ten novo presidente
    [Ler máis…]
  • LibreOffice 7.0 xa está aquí!
    [Ler máis…]
  • Pílula sobre CiviCRM, xestión das relacións entre contactos do Terceiro Sector
    [Ler máis…]
  • A Seguridade Social de Polonia aumenta o uso de GNU/Linux
    [Ler máis…]
  • Guía de regreso á escola con software libre para profesores
    [Ler máis…]
  • Ubuntu 19.10 queda sen soporte
    [Ler máis…]
  • BootHole, vulnerabilidade crítica do GRUB xa resolta
    [Ler máis…]
  • #36-Mancomún Podcast: Xogos para o verán
    [Ler máis…]
  • O estado alemán Schleswig-Holstein recorrerá cada vez máis a software libre
    [Ler máis…]
  • Lliurex 19.07 chega con moitas actualizacións
    [Ler máis…]
  • Os datos cartográficos oficiais de Colombia serán abertos
    [Ler máis…]
  • Mattermost 5.25, integración para Jitsi e máis novidades
    [Ler máis…]
  • Nova versión da plataforma descentralizada para o aloxamento e transmisión de vídeo PeerTube 2.3
    [Ler máis…]
  • Zulip 3.0, nova versión da solución de comunicación
    [Ler máis…]
  • Thunderbird 78, con soporte para OpenPGP
    [Ler máis…]
  • Ferramentas empresariais: Pílula sobre Alfresco, xestor de contidos empresarial
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Logo NWU

Existen unha morea de casos de éxito do uso de Nextcloud en diversas entidades de calquera tipo e sector. Dende Mancomún, nesta ocasión centrámonos no uso de Nextcloud por parte da North-West University en Suráfrica.
Trátase dunha universidade de recente creación e que a día de hoxe é unha das máis grandes da rexión contando con máis de 70.000 estudantes

Os comezos de NWU con Nextcloud foron no ano 2017 que adoptaron esta solución para substituír a tecnoloxía que tiñan ata o momento. Máis adiante, tamén comezaron a usar ONLYOFFICE de forma combinada con Nextcloud e así conseguiron satisfacer todas as necesidades a respecto da colaboración de documentos no ámbito da investigación.

Algunha das razóns que levou á entidade educativa a adoptar o uso de Nextcloud foi a da seguridade que pode ofrecer unha solución despregada en infraestrutura propia con control total sobre ela, ademais, Nextcloud permite sincronizar datos para traballos remotos sen ter conexión continuamente, conta con clientes para dispositivos móbiles, posibilidade de edición de documentos en tempo real grazas á integración de ONLYOFFICE.

Proxecto destacado

Logo Nextcloud

Nextcloud é unha solución libre coa que se poden poñer en funcionamento unha plataforma de produtividade e colaboración que naceu dunha bifurcación de ownCloud. Trátase dunha solución centrada na privacidade, que garante a soberanía dos datos e é respectuosa coas leis de protección de datos, tanto a GDPR europea como a CCPA de California, polo que é unha solución válida tanto para empresas e administracións públicas como para uso doméstico e persoal.

Esta solución non só permite sincronizar e compartir ficheiros a través da rede, senón que, grazas á súa arquitectura permite estender as funcionalidades básicas mediante aplicacións xa desenvolvidas ou construír outras novas.

Algunhas das aplicacións dispoñibles serven para compartir e xestionar contactos e calendarios, tamén existen ferramentas de comunicación que permiten establecer contacto por chat, ou mesmo participar en videoconferencias. Así mesmo, recentemente tamén se conta coa integración de ONLYOFFICE que permite editar ficheiros de forma colaborativa e en tempo real.

Con Nextcloud pódese despregar a solución en infraestrutura propia ou tamén usar servizos ofrecidos por terceiros, está liberada baixo os termos da licenza GPL.

Segue a…

Björn Schießle (@schiessle)

Coordinador da sección alemá e membro da asemblea xeral da FSFE, enxeñeiro de vendas e cofundador de Nextcloud.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal