Número 72 – Boletín de Software Libre na Administración – Xullo 2020

Mércores, 29 Xullo 2020

Novas

  • Petición de liberdade nas aulas da FSF
    [Ler máis…]
  • Detmold é a primeira cidade alemá en usar Consul para a participación cidadá
    [Ler máis…]
  • #35-Mancomún Podcast: Cartografando con OpenStreetMap
    [Ler máis…]
  • LibreOffice 7.0 non incluirá versión Personal Edition
    [Ler máis…]
  • Debian 8 chega ao final do ciclo de vida
    [Ler máis…]
  • Riot pasa a chamarse Element
    [Ler máis…]
  • Os vídeos do SOTM 2020 xa están dispoñibles
    [Ler máis…]
  • Plataforma educativa francesa baseada en software libre
    [Ler máis…]
  • Mobian, Debian para smartphones
    [Ler máis…]
  • Suíza ten previsto incluír na lei a contribución dos servizos públicos ao código aberto
    [Ler máis…]
  • Artigo TIC sobre “Ferramentas para o teletraballo”
    [Ler máis…]
  • O goberno francés lanza un servizo de mensaxería de código aberto, Tchap
    [Ler máis…]
  • #34-Mancomún Podcast: Entrevista á xente de Nolegaltech
    [Ler máis…]
  • Carta aberta de GNU/Linux Valencia
    [Ler máis…]
  • Publicadas dúas novas guías oficiais sobre LibreOffice
    [Ler máis…]
  • Alemaña libera o código de Corona-Warn-App
    [Ler máis…]
  • Pílula para o teletraballo: Comunicacións de alta calidade con Mumble
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Logo de Leuphana Universität Lüneburg

Existen moitos casos de éxito de Rocket.Chat, usando tanto por empresas e administracións públicas como por outro tipo de entidades en diversos ámbitos. O caso que nos ocupa neste boletín é o da Universidade Leuphana de Lüneburg, no estado alemán Baixa Saxonia. Trátase dunha Universidade que implantou Rocket.Chat en infraestrutura propia para toda a súa comunidade, onde ademais teñen o sistema de autenticación de Rocket.Chat integrado cos seus propios sistemas.

O uso de Rocket.Chat por parte da universidade, por suposto, é para a comunicación e dende a institución recomendan o seu uso para diversos ámbitos como pode ser na docencia para que o profesorado teña comunicación tanto síncrona como asíncrona co alumnado, pero tamén para que o alumnado se comunique entre si ou mesmo para as comunicacións internas entre o profesorado ou os grupos de investigación.

Por parte da universidade destacan algunhas das vantaxes de Rocket.Chat como pode ser a súa seguridade e privacidade e debido a que teñen unha integración con Jitsi, tamén o poden utilizar para realizar videoconferencias por vídeo e son.

Proxecto destacado

Logo de Rocket.Chat

Rocket.chat é unha solución de comunicación co foco posto en equipos de traballo de desenvolvemento, aínda que é totalmente válido para calquera tipo de traballo que requira de comunicación entre os seus membros. O proxecto naceu sendo unha extensión de chat para un CRM, está desenvolvida fundamentalmente en JavaScript e liberada maioritariamente baixo licenza MIT. Rocket.chat tamén é a empresa que lidera o desenvolvemento da solución e que ofrece servizos sobre esta, sendo un deles o uso da aplicación sen necesidade de realizar un despregue en infraestrutura propia, así como características e desenvolvementos máis avanzados non libres, seguindo o modelo de negocio “open core”.

Mediante o uso de Rocket.chat pódese ter unha ferramenta para a comunicación apropiada tanto para o tempo real como para casos máis asíncronos, integrando así nunha mesma ferramenta características propias do correo electrónico e da mensaxería instantánea agregando ademais outras funcionalidades máis avanzadas ou incluso a opción de desenvolver integracións con outros sistemas que poden ampliar as posibilidades da solución, xa que Rocket.chat conta con unha API pública, algún exemplo das posibilidades son a autenticación externa, compartición de ficheiros, conferencias de son ou vídeo…

A solución é unha aplicación web multiplataforma que se compón de parte servidor e parte cliente, sendo altamente configurable e que alén das típicas accións das aplicacións de mensaxería instantánea tamén permite realizar videoconferencias, compartir ficheiros e a pantalla entre os usuarios. Trátase así dunha alternativa libre a aplicacións como poden ser Slack.

Publicacións

Gabriel Engel (@gabriel_engel)
Desenvolvedor, fundador e CEO de Rocket.Chat

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal