Número 71 – Boletín de Software Libre na Administración – Xuño 2020

Martes, 23 Xuño 2020

Novas

  • O kernel 4.19 e 5.4 estarán soportados durante 6 anos
    [Ler máis…]
  • Hamburgo quere centrarse no Software Libre
    [Ler máis…]
  • Pílula para o teletraballo: Aprendizaxe en liña con BigBlueButton
    [Ler máis…]
  • Contidos liberados con recomendacións de seguridade fronte ao COVID-19
    [Ler máis…]
  • #33-Mancomún Podcast: Difusión do software libre e organización de eventos
    [Ler máis…]
  • Cesión dos datos do IET a OpenStreetMap
    [Ler máis…]
  • Xestión de servizos cívicos con código aberto en municipios holandeses
    [Ler máis…]
  • Pílula para o teletraballo: Aumenta as funcionalidades de Nextcloud con aplicacións
    [Ler máis…]
  • Blender 2.83, primeira versión LTS desta solución para 3D
    [Ler máis…]
  • Holanda comprométese co Software Libre
    [Ler máis…]
  • Enxeñería Sen Fronteiras ofrece un servizo de videoconferencia libre e gratuíto con Jitsi
    [Ler máis…]
  • Pílula para o teletraballo: Reunións e conferencias online con Nextcloud Talk
    [Ler máis…]
  • #32-Mancomún Podcast: Hardware libre e robótica educativa con Tucho Méndez e Caligari
    [Ler máis…]
  • VSCodium, alternativa libre a Visual Studio Code sen Microsoft
    [Ler máis…]
  • O goberno italiano lanza unha aplicación de servizos públicos centrada no usuario
    [Ler máis…]
  • Lenovo certifica computadoras para GNU/Linux
    [Ler máis…]
  • PeerTube 2.2, melloras actuais e futuras
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Logo da USC

Ao ser Drupal un dos CMS máis extendidos en internet existen unha infinidade de casos de éxito del. O caso de éxito no que se centra este boletín é o da USC (Universidade de Santiago de Compostela).

Drupal está presente no novo portal da entidade educativa que se presentou a finais do ano 2019 e que foi desenvolvido pola empresa Balidea empregando Drupal 8. A funcionalidade deste portal é fundamentalmente xestionar con el a comunicación externa da universidade e concentrar toda a información que calquera persoa necesite sobre a mesma, podendo esta ser consultada dende calquera tipo de dispositivo ao tratarse dunha web “responsive”, adaptada perfectamente a terminais móviles.

A iniciativa do desenvolvemento deste portal está enmarcada nun proceso xeral de renovación da imaxe institucional da USC debido á necesidade de adaptar aos tempos actuais tanto a estratexia comunicativa dixital como as tecnoloxías empregadas ate o momento e máis concretamente a páxina web tamén xurdiu da vontade de empregar software libre e unha estrutura tecnolóxica que garantise o seu carácter dinámico, adaptábel, evolucionábel e colaborativo.

Proxecto destacado

Logo de Drupal

Drupal é un xestor de contidos modular e moi configurable que permite despregar, configurar e publicar unha páxina web ou portal, así como agregar, eliminar ou editar os contidos do sitio web dende unha interface web fácil de utilizar, admitindo contidos en múltiples formatos como texto, imaxes, vídeos e demais ficheiros.

Drupal é un software libre licenzado baixo a GPLv2 ou superior que está escrito en PHP e JavaScript. Este proxecto destaca pola calidade do seu código e das páxinas xeradas respectando os estándares web. Está dispoñible e máis de 100 idiomas entre os que se atopan o galego e o castelán e as súas funcionalidades poden estenderse mediante a instalación e desenvolvemento de engadidos.

Drupal é un dos CMS (do inglés Content Management System) máis empregados en internet e mediante o seu uso pode implementarse case calquera tipo de sitios web, como poden ser portais comunitarios, sitios web corporativos, directorios de recursos, sitios de redes sociais, aplicacións de comercio electrónico, foros de discusión…

Segue a…

Dries Buytaert (@Dries)
Desenvolvedor de software libre, é creador e líder do proxecto Drupal, tamén é cofundador e CTO de Acquia que vende servizos e produtos baseados en Drupal.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal