Número 70 – Boletín de Software Libre na Administración – Maio 2020

Venres, 29 Maio 2020

Novas

  • Holanda comprométese co Software Libre
    [Ler máis…]
  • AIRone, ventilador de emerxencia para asistencia respiratoria con licenza libre
    [Ler máis…]
  • Pílula para o teletraballo: Control e sincronización de arquivos con Nextcloud
    [Ler máis…]
  • #29-Mancomún Podcast: Serie Distro-hopping. Distros para uso común
    [Ler máis…]
  • Inkscape 1.0, o editor de gráficos vectoriais renóvase
    [Ler máis…]
  • Presentación de candidaturas ao premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre
    [Ler máis…]
  • Radio France contribúe con software de código aberto
    [Ler máis…]
  • #30-Mancomún Podcast: Entrevista a Santi Saavedra, software libre nos móbiles
    [Ler máis…]
  • Pílula para o teletraballo: Solución de axuda en remoto con Jitsi
    [Ler máis…]
  • Lenovo venderá portátiles ThinkPad con Fedora
    [Ler máis…]
  • Liberado Zabbix 5.0
    [Ler máis…]
  • Munich súmase de novo ao carro do software libre
    [Ler máis…]
  • Tecnoloxías da Comunidade KDE para a transmisión de información clasificada en Alemaña
    [Ler máis…]
  • Firefox 76, máis rápido e con melloras no xestor de contrasinais
    [Ler máis…]
  • Simpatizantes da FSFE publicaron un listado de ferramentas libres para o traballo en remoto
    [Ler máis…]
  • Pílula para o teletraballo: Guacamole, escritorio remoto
    [Ler máis…]
  • GNOME chega a un acordo no problema das patentes que beneficiará a todo o software libre
    [Ler máis…]
  • Os gobernos de España e Francia usan plataformas de videoconferencia de código aberto
    [Ler máis…]
  • #31-Mancomún Podcast: Entrevista á xente de iuvia sobre soberanía dixital
    [Ler máis…]
  • Pílula para o teletraballo: Envío de arquivos de forma sinxela con Firefox Send
    [Ler máis…]
  • Vídeos da LibrePlanet 2020
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Logo Diputación de Toledo

Existen moitos casos de éxito do uso de Zentyal. Sobre todo en pequenas e medianas empresas ou entidades. O caso que nos ocupa neste boletín é o da Diputación de Toledo, que ofrece o servizo de Zentyal para os case 200 concellos dos que se compón.

A deputación despregou servidores en 174 concellos para proporcionar aos mesmos  da infraestrutura TIC necesaria para levar a diante os servizos públicos locais, un primeiro paso foi acollerse á solución libre e gratuíta xestionándoa e manténdoa cos propios medios da deputación.

Nos concellos, a implantación de Zentyal foi un éxito onde as principais características empregadas son as de servidor de dominio, directorio, e compartición de ficheiros. Recentemente, dende a deputación, deron un paso máis e cambiáronse á solución de pago para facilitar o mantemento dos mesmos debido ao esforzo que supoñía encargarse por completo do mesmo tendo así acceso ao mantemento correctivo e á asistencia técnica da versión comercial.

Proxecto destacado

Logo de Zentyal

Zentyal é unha solución de servidor de oficina, mediante o cal se poden dispoñer de varios servizos como poden ser servidor de correo, dominio e directorio, compartición de ficheiros, cortalumes, encamiñador ou router, VPN, proxy web, IDS e IPS. En resumo, é unha solución que pode prover de todos os servizos TIC necesarios dunha pequena oficina ou grupos de traballo para un uso común aportando unha facilidade de uso e centralizado nun ha interface común sinxela de utilizar.

O proxecto Zentyal, orixinalmente eBox Platform, conta tamén con unha empresa de nome homónimo a cal comercializa unha versión comercial a parte da versión libre e gratuíta, sobre a cal ofrece tamén servizos adicionais de soporte, asistencia técnica, mantemento correctivo, … A solución Zentyal está dispoñible mediante a licenza GPLv2 e constitúe unha alternativa con características máis avanzadas a solucións privativas baseadas en Microsoft Active Directory e Microsoft Exchange Server.

Segue a…

Zentyal (@zentyal)
Conta oficial de Zentyal

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal