Novas

  • O Concello de Rianxo implanta Jitsi [Ler máis...]
  • Ubuntu 20.04 LTS Focal Fossa [Ler máis...]
  • Python 2.7.18, a derradeira corrección de Python 2 [Ler máis...]
  • OSOR publicou varios informes [Ler máis...]
  • GitHub completou a compra de NPM [Ler máis...]
  • Pílula para o teletraballo: Taiga, xestión de proxectos [Ler máis...]
  • Pílula para o teletraballo: Framadate, planificación e toma de decisións [Ler máis...]
  • Pílula para o teletraballo: Etherpad, caderno de notas dixital e colaborativo [Ler máis...]
  • #27-Mancomún Podcast: Solucións de entretemento para cativos [Ler máis...]
  • #28-Mancomún Podcast: Xogando en GNU/Linux [Ler máis...]
  • Guía para a publicación de datos tabulares en arquivos CSV [Ler máis...]
  • Akademy e GUADEC celebraranse online [Ler máis...]
  • Pílula para o teletraballo: Drawpile, deseño colaborativo [Ler máis...]
  • Pílula para o teletraballo: Bitwarden, xestor de contrasinais [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo de Decidim Barcelona

Existen bastantes casos de éxito de Decidim, sobre todo nos concellos de Cataluña, onde unha boa parte deles utilizan ou utilizaron a plataforma tanto de forma sistemática para os seus procesos de democracia cidadá coma de forma puntual para algún dos procesos, sendo esta plataforma empregada para procesos de decisión importantes en moitos deles.

O caso de éxito que nos ocupa neste boletín é o do concello de Barcelona. Dende o concello desta cidade implementouse unha plataforma de democracia participativa mediante a solución Decidim co ánimo de construír unha cidade máis aberta, transparente e colaborativa.

Algún dos procesos para os que se usa a plataforma no Concello de Barcelona son os orzamentos participativos ou o programa de actuación municipal, onde se recollen iniciativas para logo valorar a súa aplicación na política municipal, así mesmo tamén conta con apartados onde se poden pedir contas sobre os obxectivos e resultados de diversas áreas municipais.

Proxecto destacado

Logo de Decidim

Decidim é unha solución que permite implementar unha plataforma dixital para a democracia participativa. Trátase dun framework web desenvolvido en Ruby on Rails e liberado baixo AGPLv3 que permite configurar, adaptar e desenvolver un portal web de participación cidadá e de transparencia en diversos ámbitos.

O enfoque do desenvolvemento desta solución está posto en dotar a calquera tipo de entidade, ben sexa un concello, unha asociación, ONG, un sindicato, un partido político, unha universidade... dun mecanismo para poder crear procesos masivos de planificación, para xestionar orzamentos participativos, deseño e redacción participativa de diversos documentos como regulamentos, normas ou estatutos, así mesmo tamén pode servir de axuda na organización de órganos de goberno da entidade, asembleas, convocatorias de consultas ou referendos e a na canalización de iniciativas cidadás ou de socios para ter incidencia nos procesos de decisión das entidades.


Formación e eventos


Segue a...

Ivan Vergés (@ivanverges) Enxeñeiro de telecomunicacións e desenvolvedor. É líder do equipo de desenvolvemento en Plantoniq, mantedor de Goteo e desenvolve diversos módulos para Decidim

Pin It on Pinterest

Share This