Novas

  • Praga lanzou unha app de código aberto para mellorar a transparencia dos orzamentos [Ler máis...]
  • #23-Mancomún Podcast: I love Free Software Day 2020 [Ler máis...]
  • A cidade francesa Nancy utiliza código libre e aberto cando é posible [Ler máis...]
  • Akademy-es 2020 celebrarase en Málaga [Ler máis...]
  • Petición de contribucións para esLibre 2020 [Ler máis...]
  • Publicados os vídeos da FOSDEM 2020 [Ler máis...]
  • O CERN cambia Facebook Workplace por Mattermost e Discourse [Ler máis...]
  • #22-Mancomún Podcast: De volta da FOSDEM 2020 [Ler máis...]
  • Primeira versión de Fedora CoreOS [Ler máis...]
  • Nextcloud Hub, solución para empresas [Ler máis...]
  • O CERN cambiará ao servidor de correo Kopano para os seus 40.000 usuarios [Ler máis...]
  • Dispoñible LibreOffice 6.4. A versión 7 chegará con soporte para Vulkan e Skia [Ler máis...]
  • #21-Mancomún Podcast: Coñecendo a FOSDEM (Encontro Europeo de Desenvolvedores de Software Libre e Aberto) [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo do CERN

Existen unha infinidade de casos de éxito que empregan Grafana. O caso que nos ocupa neste boletín é o do CERN, a organización europea de investigación nuclear. Este software está presente en diferentes equipos de traballo dentro da institución e non só é empregado polo persoal técnico das infraestruturas telemáticas, senón que tamén se emprega á hora de visualizar resultados de experimentos, así como para a monitorización do acelerador de partículas e en xeral da infraestrutura dos propios centros. Nestes sistemas de monitorización, tamén interveñen de forma integrada con Grafana outros sistemas como poden ser Kafka, Hadoop, Elasticsearch, Kibana...

Dende o persoal do CERN destacan como vantaxes de Grafana a súa ampla comunidade, a posibilidade de empregar diversas fontes de datos, a interface atractiva e a súa facilidade de extensión, así mesmo tamén poñen de manifesto que o seu sistema baseado en Grafana da moi bos resultados e soporta sobre 1.000 usuarios de máis de 20 organizacións distintas con centos de paneis de visualización de datos distintos mediante un clúster composto por 3 nodos de Grafana.

Proxecto destacado

Logo de Grafana

Grafana é un proxecto de software libre escrito fundamentalmente na linguaxe Go e licenciado baixo Apache 2.0, está desenvolvido por Grafana Labs que tamén ofrecen un produto chamado Grafana Enterprise que conta con unha serie de servizos engadidos como soporte, asesoramento ou formación. Este software ofrece un sistema de visualización interactiva e dinámica de métricas e analíticas con gráficos e diagramas variados que permite obter información de múltiples e diversos fornecedores de datos permitindo tamén a configuración de alertas.

Trátase dun software multiplataforma e extensible mediante plugins no que os usuario poden construír de forma personalizada o seu panel de visualización de datos, así como compartir os mesmos dun xeito sinxelo. Grafana é amplamente usado en sistemas de monitorización de servizos de rede como poden ser Prometheus ou Zabbix.


Formación e eventos


Segue a...

Marcus Efraimsson (@mefraimsson) Marcus é desenvolvedor e mantedor de Grafana e traballa en Grafana Labs

Pin It on Pinterest

Share This