Número 66 – Boletín de Software Libre na Administración – Xaneiro 2020

Luns, 27 Xaneiro 2020

Novas

  • O exército alemán inicia probas dos chats de código aberto Matrix e Wire
    [Ler máis…]
  • Iniciativa de código aberto das Nacións Unidas
    [Ler máis…]
  • Django 3.0
    [Ler máis…]
  • #19-Mancomún Podcast: Resumo do 2019 e fin de tempada
    [Ler máis…]
  • O CDTIC Virtual pon á disposición das empresas unha nova aplicación para a xestión de proxectos
    [Ler máis…]
  • A Mariña Real de Reino Unido aposta polo software libre
    [Ler máis…]
  • Chega Darktable 3.0 con importantes melloras
    [Ler máis…]
  • Barcelona Supercomputing Center deseña un chip de código aberto baseado en RISC-V
    [Ler máis…]
  • Mozilla pásase a Riot/Matrix
    [Ler máis…]
  • Wikimedia defende o acceso ao coñecemento ante a transposición da Directiva europea sobre copyright
    [Ler máis…]
  • Resultados da Wiki Science Competition 2019
    [Ler máis…]
  • España na segunda posición en madurez de datos abertos
    [Ler máis…]
  • #20-Mancomún Podcast: Cambios que traerá o 2020 no software libre
    [Ler máis…]
  • Campaña #1Lib1Ref da Wikimedia
    [Ler máis…]
  • FOSDEM 2020
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Logo de Tchap e da República Francesa

Existen recentes casos da adopción de sistemas de comunicación baseados en Matrix como son o caso de Mozilla que se pasou do IRC a Matrix mediante Riot ou o caso da proba piloto que o exército alemán está a realizar.

Un caso algo máis maduro é o do goberno francés, que xa anunciara a mediados do ano 2018 a adopción de Matrix para o uso interno do seu funcionariado e evitar así o uso de Whatsapp e Telegram para os asuntos oficiais, aumentado a seguridade das comunicacións e tendo unha maior independencia tecnolóxica.

Adicionalmente, dende o DINSIC (Departamento Interministerial do Estado Dixital, Información e Sistemas de Comunicación) contan con facer achegas ao desenvolvemento de Riot.im, do que fixeron un fork para a súa infraestrutura chamado Tchat, esperan tamén integrar os teléfonos de oficina con este protocolo.

Proxecto destacado

Logo Matrix

Matrix é un protocolo libre e estándar aberto de comunicación en tempo real que permite implementar e despregar servizos de comunicación e mensaxería instantánea como poden ser chat, VoIP, videoconferencia…

Unha das características máis importantes de Matrix é que se trata dun protocolo federado o que garante a interoperabilidade entre distintos fornecedores de servizos, podendo así usar unha instalación en infraestrutura propia ou nunha nube externa.

Aínda que Matrix é só o nome do protocolo, mediante este nome tamén se frecuenta facer referencia a todo o ecosistema existente arredor desta tecnoloxía como poden ser todas a implementacións que hai, dentro das que se atopan Synapse, e Riot.im, as aplicacións de referencia de servidor e de cliente respectivamente.

Segue a…

Matthew Hodgson (@ara4n)
É un dos desenvolvedores do proxecto inicial do que naceu Matrix e tamén é CEO e CTO de New Vector, empresa encargada do desenvolvemento de Riot.im.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal