Novas
- O exército alemán inicia probas dos chats de código aberto Matrix e Wire
[Ler máis…] - Iniciativa de código aberto das Nacións Unidas
[Ler máis…] - Django 3.0
[Ler máis…] - #19-Mancomún Podcast: Resumo do 2019 e fin de tempada
[Ler máis…] - O CDTIC Virtual pon á disposición das empresas unha nova aplicación para a xestión de proxectos
[Ler máis…] - A Mariña Real de Reino Unido aposta polo software libre
[Ler máis…] - Chega Darktable 3.0 con importantes melloras
[Ler máis…] - Barcelona Supercomputing Center deseña un chip de código aberto baseado en RISC-V
[Ler máis…] - Mozilla pásase a Riot/Matrix
[Ler máis…] - Wikimedia defende o acceso ao coñecemento ante a transposición da Directiva europea sobre copyright
[Ler máis…] - Resultados da Wiki Science Competition 2019
[Ler máis…] - España na segunda posición en madurez de datos abertos
[Ler máis…] - #20-Mancomún Podcast: Cambios que traerá o 2020 no software libre
[Ler máis…] - Campaña #1Lib1Ref da Wikimedia
[Ler máis…] - FOSDEM 2020
[Ler máis…]
Formación e eventos
Caso de éxito
Existen recentes casos da adopción de sistemas de comunicación baseados en Matrix como son o caso de Mozilla que se pasou do IRC a Matrix mediante Riot ou o caso da proba piloto que o exército alemán está a realizar.
Un caso algo máis maduro é o do goberno francés, que xa anunciara a mediados do ano 2018 a adopción de Matrix para o uso interno do seu funcionariado e evitar así o uso de Whatsapp e Telegram para os asuntos oficiais, aumentado a seguridade das comunicacións e tendo unha maior independencia tecnolóxica.
Adicionalmente, dende o DINSIC (Departamento Interministerial do Estado Dixital, Información e Sistemas de Comunicación) contan con facer achegas ao desenvolvemento de Riot.im, do que fixeron un fork para a súa infraestrutura chamado Tchat, esperan tamén integrar os teléfonos de oficina con este protocolo.
Proxecto destacado
Matrix é un protocolo libre e estándar aberto de comunicación en tempo real que permite implementar e despregar servizos de comunicación e mensaxería instantánea como poden ser chat, VoIP, videoconferencia…
Unha das características máis importantes de Matrix é que se trata dun protocolo federado o que garante a interoperabilidade entre distintos fornecedores de servizos, podendo así usar unha instalación en infraestrutura propia ou nunha nube externa.
Aínda que Matrix é só o nome do protocolo, mediante este nome tamén se frecuenta facer referencia a todo o ecosistema existente arredor desta tecnoloxía como poden ser todas a implementacións que hai, dentro das que se atopan Synapse, e Riot.im, as aplicacións de referencia de servidor e de cliente respectivamente.
Segue a…
Matthew Hodgson (@ara4n)
É un dos desenvolvedores do proxecto inicial do que naceu Matrix e tamén é CEO e CTO de New Vector, empresa encargada do desenvolvemento de Riot.im.