Novas

  • Finlandia libera Oskari, ferramenta para crear xeoportais [Ler máis...]
  • KiCad únese á Linux Foundation [Ler máis...]
  • Portugal abre a Base de Datos Nacional de Cartografía [Ler máis...]
  • XIV Concurso Universitario de Software Libre (CUSL) [Ler máis...]
  • Publicados os vídeos da conferencia SOTM Latam [Ler máis...]
  • Vídeos das charlas rápidas da “LibreOffice Conference 2019” [Ler máis...]
  • A Axencia Ambiental Irlandesa gañou o “Premio eGov de Código aberto” [Ler máis...]
  • Novo artigo TIC: Shotcut, unha boa solución para a edición de vídeo [Ler máis...]

Caso de éxito

Logo da Université de Strasbourg

Existen moitos casos de éxito de Jitsi, un deles é o da Universidade de Estrasburgo que emprega e recomenda o uso de Jitsi como aplicación de videoconferencias e para chamadas telefónicas.

No 2011 a universidade puxo en marcha un proxecto para desenvolver unha alternativa a Skype para o uso por parte de toda a comunidade universitaria empregando tecnoloxía estándar e libre sendo un dos participantes dese proxecto o propio creador de Jitsi. A solución implementada pola universidade vai máis alo do mero instalación dunha instancia de Jitsi Videobridge, integrárono co servizo de telefonía interno da universidade e mediante o cal están a ofrecer un servizo de mensaxería instantánea, pantalla compartida, conferencia de vídeo e son a todo o estudantado, profesorado, investigadores e persoal administrativo.

Proxecto destacado

Logo de Jitsi

Jitsi é un proxecto de software libre que permite despregar unha solución de videoconferencia, VoIP e mensaxería instantánea co foco posto na seguridade e privacidade das comunicacións. Trátase dunha ferramenta multiplataforma e licenciada baixo Apache 2.0, comezouse a desenvolver como proxecto estudantil de Emil Ivos na Universidade de Estrasburgo no 2003 e era coñecido como SIP Communicator.

A solución completa está composta por Jitsi Videobridge e Jitsi Meet. O Jitsi Meet é a parte cliente (aplicación web ou aplicación móbil para Android ou iOS), mentres que o Videobridge é un servidor XMPP con soporte para comunicacións por vídeo e son compatibles con WebRTC.


Formación e eventos


Segue a...

Emil Ivov (@emilivov) Fundador e lider de Jitsi, traballa en 8x8 como xefe de producto, doutor e experto en comunicacións de vídeo e son en tempo real

Pin It on Pinterest

Share This