Número 61 – Boletín de Software Libre na Administración – Agosto 2019

Mércores, 28 Agosto 2019

Novas

  • Velumap, monitorización da vespa velutina
    [Ler máis…]
  • OpenStreetMap cumpre 15 anos
    [Ler máis…]
  • Dispoñible Ubuntu 18.04.3 LTS
    [Ler máis…]
  • Lanzado Red Hat Enterprise 7.7
    [Ler máis…]
  • Wikimedia España e COBDCV firman convenio para promover o coñecemento libre
    [Ler máis…]
  • Últimos meses para presentarse ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
    [Ler máis…]
  • Liberada XFCE 4.14 completamente traducida ao galego e migrada a GTK3
    [Ler máis…]
  • #10-Mancomún Podcast, Podcasts que falan sobre Software Libre
    [Ler máis…]
  • #11-Mancomún Podcast, Blogs sobre Software Libre
    [Ler máis…]
  • #12-Mancomún Podcast: Aniversario de OpenStreetMap
    [Ler máis…]
  • #13-Mancomún Podcast: Webs sobre Software libre e Cultura libre
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

logo Caso de éxito

Kubernetes conta con unha morea de casos de éxito, na páxina web do propio proxecto contan con un apartado sobre eles. O caso que nos ocupa neste boletín trátase da cidade de Montreal. Na administración da cidade quebequesa contaban con un parque informático grande e moi heteroxéneo con numerosas pezas vellas onde se fixo imprescindible optar pola virtualización da man de contedores empregando Docker.

Enseguida se fixo necesario algún sistema de orquestración e o escollido foi Kubernetes. O resultado despois do tempo de transición foi un cambio moi grande á hora de realizar calquera despregue, cando antes tardaban meses agora redúcese a unhas horas. O uso de Kubernetes non só axudou a ter uns funcionamento máis rápido, senón que diminuíu tanto a complexidade coma o número de hardware empregado nos sistemas de información da cidade.

Proxecto destacado

logo Proxecto destacado

Kubernetes é unha plataforma libre de orquestración, automatización de despregue de servizos informáticos e xestión de contedores. Foi inicialmente desenvolvida por Google no 2014 e actualmente está xestionada pola Cloud Native Computing Foundation. Está programado fundamentalmente na linguaxe Go e licenciado baixo Apache 2.0.

Mediante Kubernetes pódese proporcionar un servizo de descubrimento, balanceador de carga, orquestración de almacenamento, automatización de creación, destrución e reinicio de contedores, así como a xestión da configuración e información confidencial dun xeito seguro.

Segue a…

Vallery Lancey (@vllry)
Enxeñeira Informática, contribuidora no proxecto de Kubernetes e embaixadora de CNCF (Cloud Native Foundation)

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal