Novas
- Velumap, monitorización da vespa velutina
[Ler máis…] - OpenStreetMap cumpre 15 anos
[Ler máis…] - Dispoñible Ubuntu 18.04.3 LTS
[Ler máis…] - Lanzado Red Hat Enterprise 7.7
[Ler máis…] - Wikimedia España e COBDCV firman convenio para promover o coñecemento libre
[Ler máis…] - Últimos meses para presentarse ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
[Ler máis…] - Liberada XFCE 4.14 completamente traducida ao galego e migrada a GTK3
[Ler máis…] - #10-Mancomún Podcast, Podcasts que falan sobre Software Libre
[Ler máis…] - #11-Mancomún Podcast, Blogs sobre Software Libre
[Ler máis…] - #12-Mancomún Podcast: Aniversario de OpenStreetMap
[Ler máis…] - #13-Mancomún Podcast: Webs sobre Software libre e Cultura libre
[Ler máis…]
Formación e eventos
- Concurso: Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
- Curso: Curso en liña sobre datos abertos
- Concurso fotográfico: Wiki Loves Monuments
- Obradoiro: Taller de introdución a QGIS, edición de mapas e datos xeográficos
- Hackaton: Hackaton de e-téxtiles
- Conferencias: Linux App Summit 2019
Caso de éxito
Kubernetes conta con unha morea de casos de éxito, na páxina web do propio proxecto contan con un apartado sobre eles. O caso que nos ocupa neste boletín trátase da cidade de Montreal. Na administración da cidade quebequesa contaban con un parque informático grande e moi heteroxéneo con numerosas pezas vellas onde se fixo imprescindible optar pola virtualización da man de contedores empregando Docker.
Enseguida se fixo necesario algún sistema de orquestración e o escollido foi Kubernetes. O resultado despois do tempo de transición foi un cambio moi grande á hora de realizar calquera despregue, cando antes tardaban meses agora redúcese a unhas horas. O uso de Kubernetes non só axudou a ter uns funcionamento máis rápido, senón que diminuíu tanto a complexidade coma o número de hardware empregado nos sistemas de información da cidade.
Proxecto destacado
Kubernetes é unha plataforma libre de orquestración, automatización de despregue de servizos informáticos e xestión de contedores. Foi inicialmente desenvolvida por Google no 2014 e actualmente está xestionada pola Cloud Native Computing Foundation. Está programado fundamentalmente na linguaxe Go e licenciado baixo Apache 2.0.
Mediante Kubernetes pódese proporcionar un servizo de descubrimento, balanceador de carga, orquestración de almacenamento, automatización de creación, destrución e reinicio de contedores, así como a xestión da configuración e información confidencial dun xeito seguro.
Segue a…
Vallery Lancey (@vllry)
Enxeñeira Informática, contribuidora no proxecto de Kubernetes e embaixadora de CNCF (Cloud Native Foundation)