Número 60 – Boletín de Software Libre na Administración – Xullo 2019

Luns, 29 Xullo 2019

Novas

Formación e eventos

Caso de éxito

Caso de éxito de CiviCRM

Existen unha morea de casos de éxito de CiviCRM en diversos sectores, na páxina web do proxecto hai unha escolla deles. O caso de éxito que nos ocupa neste boletín é o da Oficina Estratéxica de Asociacións de Denver que é a encargada das relacións entre a administración local de Denver e as entidades non lucrativas.

Anteriormente, na mentada oficina, utilizaban follas de cálculo para realizar a xestión das organizacións e víronse na necesidade de mudar o seu xeito de traballar. Unha das principais razóns polas que nesta oficina se decantaron por empregar esta solución é a facilidade de uso e o potencial crecemento, finalmente a adopción de CiviCRM por parte da oficina facilitoulles as tarefas que xa viñan desempeñando. As características de CiviCRM que usan neste caso de éxito son a xestión de usuarios, eventos e campañas, correos masivos e informes.

Proxecto destacado

CiviCRM

CiviCRM é unha solución de CRM (Xestor de Relacións co Cliente do inglés Customer Relationship Management). O seu enfoque principal está posto nas fundacións, asociacións, ONGDs, etc. Pero tamén se pode utilizar en outras situacións grazas a que se trata dunha solución modular e extensible mediante máis de 300 extensións e que se podo personalizar para adecuala ás particularidades necesarias, tamén é integrable cos principais CMS como Drupal, WordPress e Joomla.

CiviCRM está licenciado baixo AGPLv3 e está dispoñible para máis de 20 idiomas entre as características máis destacadas están as relacionadas coa xestión da masa social como a base de datos de contactos, xestión de doazóns, actividades, campañas e comunicacións, envíos masivos de correo electrónico…

Segue a…

Rose Lanigan (@RuzaSolutions)Consultora de solucións CiviCRM e fundadora de Ruza Solutions; empresa fornecedora de solucións enfocada na implementación, soporte e formación de solucións CiviCRM; involucrada tamén na comunidade de CiviCRM aloxando reunións e “sprints” do proxecto.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal